A xuntanza do día anterior serviunos para situarnos de xeito virtual na atmósfera natural que nos atopariamos en Meda. Os montes galegos posúen no alto millóns de estrelas e nos, planisferios en man, queríamos coñecer algunhas delas que nos sirven na orientación na noite. Mais non foi posible. Atoparse de cheo coa atmósfera típica galega de nubes grises é algo moi común, aínda en xullo.
Escurecianse os ceos a cando elas cando saímos do Rabiñoso, nos lindes de Zas con Coristanco e comezabamos a subir a empinada costa que o separa da cima de pico de Meda, unha das balconadas máis fermosas da Costa da Morte. A temperatura baixaba pero os case 30 participantes nesta ruta nocturna só o sentiron nas paradas interpretativas, posto que o esforzo ascendente era importante.
Alí cerca do cúmio comezamos a sentir. O lugar escollido afastabase o suficiente para que os eólicos que presiden a paraxe, non contaminaran co seu ruido artificial o exercicio dos camiñantes. Servíu tamén para descansar a parada, mais os aventureiros galegos pensaban cos ollos pechados sobre as historias e importancia do depredador por excelencia, dese ser que o día anterior marcara as inquietudes dos asistentes á xuntanza: O Lobo.
Atrás do vento desapacible que chegaba dende Corme e de cada ladrido dos cans en Xordíns adiviñabamos algunha femia cos seus lobiños, quizais algún individuo escapado da manada… Os minutos para sentir, para observar, para escoitar o silencio, viaxaban na mente de cada un dos integrantes da expedición de Senda Nova.
Os máis pequenos viviron de xeito especial o cámbio de latitud e de paisaxe ao remontar a cima do monte. A espesa néboa e os cabalos salvaxes da ladeira de Zas atoparon aliado no vento para crear o clima perfeto para considerarnos “perdidos na nada”.
O percorrido rematara e chegaba a hora de buscar un mínimo acubillo para pasar a noite. Antes quedaba a cea, compartida entre compañeiros e compañeiras de andaina, entre luces de gas e entre os fermosos carballos que envolven a ancestral capela de San Roque do Monte.
A construción, ata ben pouco refuxio de gando, é centro de devoción e de festa cada verán. Como tantos vestixios relixiosos, foi feito a carón dun culto antigo: Os que adoraban á auga. Neste caso, unha fonte que respira vida. Unha abundante canle de conxelada auga que ferve en cada un dos nosos organismos.
Bebémola ao día seguinte, cando se fixo día. Quizá as historias contadas na velada nocturna evitaron que cada un dos que compoñían a tribu de Senda Nova se alonxara do resto do grupo.
Ao mellor algún lobo se escondía detrás dos toxos… Quizá nos sentiron cantar e contar chistes. Pode que lle gustara a visita e que lles sorprendera o son daquela guitarra.
Seguro que se coñecen a sensibilización de cada un dos aventureiros, o poderían comprobar.