DURMINDO NA NATUREZA
Gustaríache pasar unha noite durmindo en plena natureza? Tes entre 8 e 14 anos?
Temos preparadas dúas xornadas de contacto pleno coa natureza, intentando a desmitificación da noite e fomentando o espírito de convivencia.
Nas xornadas 5 e 6 de xullo e na do 12, 13 de xullo temos preparadas unhas das experiencias máis fascinantes e de contacto coa natureza. Estas pernoctas en tendas vivac serán en dous escenarios diferentes, ámbalas dúas co obxectivo de achegar á poboación xuvenil á natureza, en horarios diferentes e traballando na desmitificación da noite e dos elementos negativos asociados a ela.
Outro dos obxectivos é fomentar o espírito de convivencia, traballando e compartindo momentos cos demais compañeiros de actividade.
Temos para prestarche a tenda-vivac e a esterilla, así que soamente necesitas engadir ao teu equipo mínimo unha mochila e o teu saco de durmir.
Para informarte da actividade e de como anotarte debes de facelo no mail sendanova@hotmail.com ou no telefono 611037617
Prezos: 45€ por actividade 35€ para socixs ou integrantes da Escola Ambiental
Inclúe o guiado e monitorización da actividade por guías titulados, o préstamo da tenda e esterilla, o almorzo da mañá e os seguros correspondentes.
Prazas limitadas