EN MARCHA A 10 EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL
A Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo bótase a andar novamente a través da súa décima edición.
Ao acto de presentación asistiron medio cento de persoas entre as que se atopaban as familias da rapazada que desfrutará da programación. Tamén se atopaban socios de Senda Nova e o concelleiro de medioambiente de Carballo Miguel Vales.
A xornada serviu de achegamento das familias ao proxecto, así como para solucionar dúbidas e repartir os agasallos das camisetas aos máis novos. Ao mesmo tempo coñeceron as instalacións e os diferentes puntos dentro do Espazo da Natureza de Oza, onde se desenvolverán as actividades.
Nesta 10 edición participarán 25 nenos e nenas de entre 3º e 6º de primaria dos colexios de Carballo, polo que se cubrirá o tope de inscritos.