En marcha un 9º outono de andainas

En marcha un 9º outono de andainas

Presentación 9 Ot 2

Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 9 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos:  coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico.

Todo isto co condimento especial da estación de outono, onde as paisaxes bergantiñáns que vai recorrer este programa de andainas, se mostra máis espectacular.

Ao acto de presentación acudiron representantes dos concellos de Carballo, Coristanco e A Laracha. Ademais do persoal de Senda Nova tamén acudiron respresentantes da Plataforma en Defensa de Monte Neme.

Os nosos agradecementos a todos eles e ás institucións que representas que, sumados a Protección Civil de Carballo, forman parte do encaixe de bolillos deste proxecto.

 

( material gráfico ao final)

 

Presentación 9 Ot

 

Así se desenvolve:

. SENDA DAS CAPELAS ( A Laracha)

18 outubro

Distancia aproximada 16 km

Dificultade media

Saídas:

Concello da Laracha                   Carballo Rúa Venezuela           Concello de Coristanco

8:30h                                                      8:15h                                           8:00h.

Terra de zapateiros no interior profundo da Laracha

Polo interior máis profundo do concello da Laracha alóngase unha das parroquias máis grandes da comarca. Montemaior é a única parroquia pola que camiña unha ruta salpicada de capelas. Algunha destas construcións enmárcanse en fermosos paraxes de silencio e en varias delas afloran lendas e tradicións nas que aínda latexan cultos precristiáns. Como nexo do percorrido, o curtidoiro de Cumiáns. Un agradable espazo de 1852 acompañado de cabazo, casa e muíño en funcionamento. Un lugar detido no tempo e en plena consonancia con esta terra de zapateiros.

 

 

RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER (Carballo)

21 outubro

Distancia aproximada 14km

Dificultade media-baixa

Saídas

Concello da Laracha              Carballo Rúa Venezuela                Concello de Coristanco

8:00h                                                8:15h                                                8:00h.

Ecoloxía e paisaxe no Espazo Natural

Achegamento á espectacular paisaxe marítima do concello de Carballo, a cal se contempla case íntegramente. Xeoloxía, cultura e biodiversidade nun espazo natural que alberga un dos sistemas dunares mellor conservados de Galicia. Unha zona húmida que acolle interesantes especies de avifauna e como non, un dos areais máis extensos cun berce de luxo para a Píllara das Dunas.

 

 

VÍA ALCAIANUS (Coristanco-Carballo)

8 novembro

Distancia aproximada 19km

Dificultade media-baixa

Saídas

Concello da Laracha         Carballo Rúa Venezuela             Concello de Coristanco

8:00h                                         8:15h                                                 8:30

Tra-las pegadas romanas dende a lagoa de Alcaián

A lagoa de Alcaián é un dos máis importantes humidais de Bergantiños e tamén o inicio dunha vía que pretende seguir os pasos dos camiños antigos, posiblemente de orixe romano. A ponte Lubián é un dos puntos estratéxicos dunha senda con continuo desnivel negativo que atravesa castros, pazos e fermosas corredoiras antigas enmarcadas con especies autóctonas. Camiños cheos de historia que entran na capital bergantiñá dende o berce da mesma vila.

 

 

PEGADAS DO WOLFRAMIO ( Carballo-Malpica de Bergantiños)

15 novembro

Distancia aproximada 17km

Dificultade media

Saídas:

Concello da Laracha              Carballo Rúa Venezuela                Concello de Coristanco

8:00h                                               8:15h                                                   8:00h.

Historias de meigas e volframio dende o balcón de Monteneme

Acompáñanos durante o percorrido o cheiro á historia a través do negro mineral tan prezado na 2º guerra mundial. Monteneme é o balcón xefe de todo un itinerario para sacar proveito deste “ Petón das meigas”. Un polo de atracción ancestral como mostran as numerosas lendas e vestixios a carón deste punto estratéxico da xeografía da comarca. As casas das minas, o castro do Rodo e sobre todo, a paisaxe explosiva dende o bico do monte conforman unha das rutas máis fascinantes.

 

 

TERRAS DO MARQUÉS ( Carballo)

22 outubro

Distancia aproximada 14 km

Dificultade media

Saídas:

Concello da Laracha       Carballo Rúa Venezuela           Concello de Coristanco

8:00h                                            8:15h.                                       8:00

Pazos señoriais nas fértiles agras de Bergantiños

Case no centro xeográfico do concello máis extenso de Bergantiños atópanse estas dúas fértiles parroquias carballesas. Ardaña e Artes conviven a través do alto da Peniqueira, un balcón natural cheo de encantos e de historia que alberga presenza megalítica e un dos maiores castros da bisbarra. Estas dúas áreas de sementeira foron o lugar ideal para establecer construcións fidalgas. Os pazos de Gontade, das Pallas e, o de máis sona, Vilar de Francos, son paradas estratéxicas dunha senda que cautiva.

RUTA DAS FÉRVEDAS ( Carballo)

29 novembro

Distancia aproximada 15 km

Dificultade media

Saídas:

Concello da Laracha        Carballo Rúa Venezuela          Concello de Coristanco

8:00h                                         8:15h                                           8:00h

Espectaculares saltos de auga que estoupan na Depresión Meridiana.

A Depresión meridiana é o compás que guía o percorrido dende Carballo ata a férveda de San Paio. Corredoiras cheas de encanto para unir saltos de auga formados pola citada valgada que percorre Galicia de norte a sur. Construcións relixiosas como as igrexas de Ardaña ou Entrecruces dividen un sinxelo itinerario a cabalo entre a montaña e os fértiles vales destas dúas parroquias e tamén da de Rus. O templo desta tamén nos acolle, e pasa por ser dos máis importantes da bisbarra, sorprendendo pola súa beleza e unha envexable grandiosidade multiplicada polo estratéxico do emprazamento.

 

 

Aprendendo Bergantiños a través das camiñadas de coñecemento

Coida o teu entorno

キ Pasaremos a xornada xuntos. A hora de chegada dependerá do volume de participantes, características do roteiro, climatoloxía, interpretación do patrimonio…

キ Esquécete do avituallamento, encargámonos nos del.

キ Encargándonos tamén do transporte, dende os lugares de saída ata o comezo de andaina e de volta ao remate da actividade.

キ Achegarémonos á interpretación en cada punto de interese no roteiro grazas ao teu comportamento e á túa aportación.

キ Por suposto, facemos piña, camiñaremos en grupo

 

 

LEMBRA SEMPRE

* Puntualidade

キ Se ecolóxico, aproveita ao máximo a actividade. Aportando e escoitando.

キ Melloraremos a convivencia grazas a ti. Se comprensivo cos problemas dos demais e respecta as normas dos voluntarios e voluntarias da organización e Protección Civil.

キ Lémbrate tamén do calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable), roupa axeitada, mochila, impermeable, navalla, gorra, protección solar. Tamén a túa cámara de fotos é importante.

キ Para unha mellor interpretación dos percorridos e polo coidado do entorno, nalgúns roteiros as prazas poden ser limitadas.

キ Que as actividades poden sufrir modificacións.

キ Deixar o entorno como o atopas. Evita deixar pegadas innecesarias. Non deixes papeis, non fagas ruidos. Respecta aos habitantes das aldeas (animais e persoas). Deixa as cancelas como as atopas.

キ Nunca te saias do camiño

—— Prazas limitadas. As actividades poden sufrir modificacións.

——As actividades realizaranse seguindo as medidas de proteción vixentes en materia de prevención contra o COVID 19. Achégate coa mascarilla e respecta as indicacións da organización nesta materia.

INSCRIPCIÓNS

Lugares de apuntamento:

  • Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h

  • Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n 2º andar luns a venres de 9:30 a  13:30h

  • Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Coristanco

Edificio de usus múltiples  luns a venres 9:30 a 13:30h

  • Museo de Bergantiños mércores,de 17 a 19h
  • Espazo da Natureza de Oza xoves e venres de 17 a 20h.

Data límite de inscripción:  Ata 2 días antes de cada roteiro

Prezos

Non socixs: Socixs:

Maiores de idade: 6€ 3€

Menores de idade: 3€ 1€

MÁIS INFORMACION

www.sendanova.org asociación@sendanova.org

tf 611037617

9 Outono en marcha cartel

9 Outono en marcha triptico 2

9 Outono en marcha triptico 2

9 Outono en marcha triptico 1