ESPIAS NO BOSQUE RETOMA AS CHARLAS NOS CENTROS DE ENSINO

ESPIAS NO BOSQUE RETOMA AS CHARLAS NOS CENTROS DE ENSINO

Espias no Bosque 2023

Espias no Bosque 2023

Espias no Bosque 2023

Espias no Bosque 2023

Os centros de ensino de Bergantiños acollen a volta ás charlas de ESPÍAS NO BOSQUE, o programa de Senda Nova financiado pola Deputación da Coruña que pretende achegar , á poboación en xeral e  á rapazada en particular, aos mamíferos autóctonos galegos.

As charlas nas propias aulas componen una gran parte do proxecto. Nas mesmas, o proxecto achega información e contidos sobre dúas especies de mamíferos autóctonos a través de audiovisuais e tamén do reparto de diverso material didáctico entre o que están os trípticos, posters, barallas…etc.

Ademais das charlas, o proxecto ESPÍAS NO BOSQUE componse de obradoiros de pegadas e indicios ou saídas interpretativas que se celebran con escolares e tamén con outro tipo de colectivos, sendo de idades moi diferentes.

ESPÍAS NO BOSQUE leva varios anos achegando os mamíferos autóctonos á poboación xeral. Grazas ao proxecto lévanse realizado máis de 200 intervencións directas en forma de charlas e case medio cento de saídas para colectivos diferentes, entre outras,  onde se mesturaron obradoiros de pegadas e indicios e andainas interpretativas. Tamén  onde se achegaron as características e comportamentos dos mamíferos autóctonos máis salientables así como información complementaria dos hábitat onde viven.

O programa tamén o compón o material específico relacionado co proxecto. Deste xeito, as persoas participantes e a rapazada de xeito particular, poden beneficiarse de todo o material gráfico informativo de dez especies diferentes de mamíferos autóctonos así como diversas ferramentas didácticas como cadernos de pegadas, barallas, posters etc…

 

Aqueles centros de ensino que desexen participar no proxecto poden poñerse en contacto connosco.    sendanova@hotmail.com     611037617