ESPIAS NO BOSQUE SUPERA OBXECTIVOS NA SÚA TERCEIRA EDICIÓN

ESPIAS NO BOSQUE SUPERA OBXECTIVOS NA SÚA TERCEIRA EDICIÓN

Espias no Bosque 23

Espias no Bosque 23

 

 

O programa ESPIAS NO BOSQUE, financiado pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA segue o seu camiño ascendente, chegando a unha terceira edición máis forte que nunca.  A iniciativa pretende achegar ao público en xeral e a rapazada en particular, contidos sobre os animais mamíferos máis representativos dos nosos ecosistemas e con iso, profundizar no coñecemento doS seus hábitat e a súa protección.

 

Deste xeito, as actividades do proxecto alónganse durante todo o ano 2023 neste terceira edición, tendo accións variadas como charlas, obradoiros ou rutas de sendeirismo interpretativo. Para tal fin cóntase con interesantes ferramentas como láminas, barallas ou outro material gráfico que pretende achegar de modo ameno a información sobre o medio natural.

Neste programa hai unha base fundamental de contacto cos centros de ensino. Dentro dunha estreita colaboración cos mesmos, chégase de xeito máis cómodo aos escolares. Os participantes varían dende idades temperás ata a educación secundaria.

Un dos últimos centros de ensino en participar en actividades do proxecto foi o CEIP de CAIÓN ( A Laracha), un pequeniño pero dinámico centro de ensino cun pulo extraordinario.

A través do proxecto, os máis pequenos do centro puideron realizar unha actividade se sendeirismo interpretativo onde puideron distinguir indicios e outra información relativa ao hábitat dos mamíferos do bosque.

Aqueles centros de ensino que aínda non teñan información deste programa e que estén interesados en tela poden poñerse en contacto connosco en sendanova@hotmail.com e 611037617.  Moitas grazas ao CEIP de CAIÓN.

Espias no Bosque 23 2

Espias no Bosque 23 2