O programa ESPÍAS NO BOSQUE volve ás aulas dos colexios de Bergantiños. O proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, faise maior entre a rapazada bergantñá. Nesta edición do ano 2024, o periplo de actividades volta ás aulas despois duns meses de descanso para dar a coñecer ás principais especies de mamíferos autóctonos e tamén a contido sobre o hábitat onde podemos ver as súas pegadas. Precisamente son as pegadas un dos método de estudo máis importantes do programa, que ten tamén nos obradoiros unha vía importante de estudo cada ano.
Deste xeito, a rapazada de primaria dos centros bergantiñáns recibirá pequenas píldoras formativas dunha media hora de duración nun formato audiovisual que se complementa co reparto de material relativo aos contidos básicos do programa, como as pequenas guías de pegadas, de follas ou de información relativa a cada unha das especies máis importantes. Máis de 60 intervencións terán lugar nos vindeiros meses ao realizar os traballo aula por aula.
O vindeiro luns e martes comezaremos no CEIP Fogar de Carballo, un dos máis grandes da provincia.