ESTE OUTONO, ÁS SETE NO ESPAZO

ESTE OUTONO, ÁS SETE NO ESPAZO

As sete no Espazo 2

As sete no Espazo 2

CartazAssetenoespazo

CartazAssetenoespazo

O mércores pasado presentamos o programa de Outono “Ás sete no Espazo”, no que nos citaremos no Espazo da Natureza de Oza ás 19h das tardes dos xoves e venres para ver filmes documentais e conversar sobre temas ambientais e culturais  da nosa contorna.
XOVES DE FILME E CONVERSAS NO LUSCOFUSCO
Este outono, aparte do programa de rutas desta estación que presentaremos nas próximas datas, decidimos presentar independentemente este programa que se compón do tradicional “Xoves de Filme” e unha nova actividade para os venres, as “Conversas no luscofusco”, no que un invitado experto nos expoñerá un tema e logo poderemos preguntar e conversar con el acerca do tema en cuestión. Ademais, novamente participaremos na “Limpeza simultánea de praias” organizada pola asociación ecoloxista Adega, que coordinaremos no eido local na zona de Baldaio.
As sete no Espazo 2

As sete no Espazo 2

Na presentación no ENO do programa “As sete no Espazo” con José Rodríguez que coordinará a nova actividade “Conversas no luscofusco”.
Actividades do programa:
Semana do 15-21 de Outubro
Xoves 18: O próximo xoves 18 comezaremos coa proxección de documentais da serie “De Re Naturae” de Francisco Javier Lema, co que contaremos tamén no Espazo para coñecelo persoalmente e coñecer as curiosidades e modus operandi da realización dos seus filmes.
Venres 19: O venres 19 comezan as “Conversas no luscofusco” coa “Mirada superficial ao noso patrimonio” con Evaristo Domínguez Rial onde falaremos do patrimonio de forma introdutoria prestando tamén a atención a aspectos como o patrimonio inmaterial.
Sábado 20: O sábado 20 será a “Limpeza simultánea de praias” en Baldaio, neste caso a hora de referencia será ás 11h da mañá, partindo dende as Saíñas. Para participar na actividade requírese simplemente avisar ao teléfono 617197591 e opcionalmente levar luvas para protexer as mans.
As sete no Espazo 1

As sete no Espazo 1

Semana do 22-28 de Outubro
Filme (25 Out): “Doli doli doli… coas conserveiras. Rexistro de traballo“. Producido por Uqui Permui. Duración: 1h. Acerca do papel das mulleres nas conserveiras e as súas condicións de traballo e dereitos laborais nunha das industrias máis características de Galicia e da nosa zona.
Conversa no luscofusco (26 Out): “Recolleita e gardado de sementes” con Ramón Nogueira González. Acerca das metodoloxías para a conservación e uso das sementes na nosa horta.
Semana do 5-11 de Novembro
Filme (8 Nov): “Touro – O Pino: A ameaza do cobre“. Realización de Xosé Bocixa. Duración: 55m. Filme que presenta o caso da defensa ambiental das terras dos veciños dos concellos de Touro e O Pino en contra do novo proxecto da megamina de cobre.
Conversa no luscofusco (9 Nov): “Nocións básicas sobre megalitismo” con Evaristo Domínguez Rial. No que falaremos do antigo período e manifestación cultural das grandes pedras, das que aínda conservamos numerosas construcións que dan testemuña da grande actividade dos nosos ancestros e a importancia e repercusión que tivo na nosa rexión.
Semana do 12-18 de Novembro
Dentro do conxunto de actividades realizadas na Semana do Volframio que coordinará a Plataforma pola Defensa do Monte Neme, adaptarase a programación para tratar temas relativos ao Volframio e á mina do Monte Neme.
Filme (15 Nov): Documental acerca do Volframio nas Minas da Borralha e conversa cos maiores da zona. Veremos o caso das veciñas Minas de Volframio da Borralha en Portugal, unha das grandes reservas deste estratéxico mineral na Península Ibérica.
Conversa no luscofusco (16 Nov): “Bergantiños capital do Volframio” con Xan Xosé Fraga Rodríguez. Na que falaremos do contexto social e xeopolítico da nosa bisbarra deste mineral chave na II Guerra Mundial.
Semana do 19-25 de Novembro
Filme (22 Nov): “O Retorno do Guincho” de Francisco Javier Lema Fuentes. Contaranos o esforzo de recuperación e conservación na Península Ibérica desta ave rapaz.
Este outono, entre castaña e castaña conversamos xuntos no luscofusco. Falamos de natureza, cultura e sociedade, ás sete no Espazo.
Todas as actividades deste programa son libres e de balde e realizaranse ás 19h da tarde no Espazo da Natureza de Oza (única limitación a capacidade do ENO) salvo a limpeza de praias que se levará a cabo en Baldaio con punto de quedada nas Saíñas.
+INFO DO PROGRAMA: asociacion@sendanova.org telef. 611037617