Estreouse o IV Outono en Marcha coa Senda das Capelas

Estreouse o IV Outono en Marcha coa Senda das Capelas

IV Outono en Marcha: Senda das Capelas

IV Outono en Marcha: Senda das Capelas

Sesenta camiñantes estrearon horario de inverno viaxando á parroquia larachesa de Montemaior.

Tratábase do pistoletazo de saída dun novo programa de roteiros de outono, o OUTONO EN MARCHA,  que, desta volta, cumpre a súa cuarta edición.

A xornada abríuse na carballeira de Sta. Margarida, a carón da santa que ” todos os males cura” e seguíu cara O Viso por camiños entre fértiles agras de labradío polas que de xuro outrora se pagaba en especias á condesa da torre do Viso, construcción da que só queda a súa cementación.

IV Outono en Marcha: Senda das Capelas

IV Outono en Marcha: Senda das Capelas

O sol esforzabase entre os carballos mais as corredoiras coseguiron reter a humidade e a historia para camiñar ao fresco nun día de ceo limpo, e para situarnos nos tempos de axetreo de carros polos viais de Montemaior. Por iso nos foi fácil entender a historia do castro da Pena. O vestixio atópase situado nesa máquina do tempo que Evaristo encende á primeira a través de baterías cargadas de ilusión. Foi máis sinxelo o percorrido ao pasado grazas aos restos de construccións prerromanas e tamén, á presenza na expedición de todo un Xan Fernández Carrera, estreandose na lama das actividades de Senda Nova e dandolle cor a todos os matices interpretativos.

A ruta chegou ao fermoso espazo da Pena, a súa capela e ao seu bonito entorno. Faciao antes da visita a unha desas persoas que da sentido ás nosas actividades a través dos antigos oficios: María. Unha desas mulleres laboriosas que segue a día de hoxe a realizar as labores de cesteira a través de antigos e novos materiais.

No circuito entre capela e capela aínda nos quedaba a de nosa señora de Cumiáns antes de comer. Ata ela chegamos polo outono máis representativo, debuxado no chan de follas entre leiras e un bosque que ben pode resumir o entorno da própia capela de Cumiáns. Sen dúbida, o lugar ten un encanto especial, místico. A  paisaxe e a propia construcción están cargadas de lendas antigas e afirmacións veraces que conxuntan un espazo cargado de contido.

Seguimos camiño escoitando historias a través dos persoeiros da parroquia. Sonia, Jose Ramón ( un dos própios autores do deseño do percorrido), escaneabannos cada paso pola súa parroquia e Jesús, voltou a abrirnos a súa casa para desmenuzarnos a historia do seu curtidoiro contada dende a pasión propia e unha humidade do entorno que nos transportaba ata 1858, nos anos que a industria do curtido comezou a funcionar en Cumiáns. Entre a hospitalidade de María e o ruxe ruxe do fermosísimo muíño, completamos unha visita chea de contidos e interpretación.

Máis tarde veu o tramo do río. Unhas beiras recuperadas polo concello para o disfrute e o coñecemento. Un tramo moi bonito e saltarín que nos metía na parte final do percorrido, nas terras máis altas da parroquia.

Foi Baldomir o lugar no que se abríu a pendente para vivitar a fonte de ouro, un territorio polo que pasa un antigo e importante camiño pola divisoria de augas. A anchura dos muros e a dreitura da vía dan fe da entidade. Alí arriba aproveitamos para a foto de grupo nunha leira que ben podería ser un fondo de pantaia ( como tantos), en cada ordenador persoal que mantemos na nosa cabeza e nos nosos corazóns. Ben podería levar un milenario carballo, como o de Outeiro. Comprobamos a súa beleza xusto antes de chegar á igrexa parroquial de Sta María Madalena, unha interesantísima construcción cun retablo espectar.

Fin da historia por hoxe mentes facemos os imprescindibles exercicios de estiramento guiados por Alba.

Para o domingo, voltamos á costa, viaxamos a Baldaio. Xa tarda.

Jose

IV OUTONO EN MARCHA: Senda Das Capelas

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank