Fermosa tarde de xogos e xoguetes tradiconais

Fermosa tarde de xogos e xoguetes tradiconais

A Escola de Oza acolleu a xornada de xogos e xoguetes tradicionais encadrada dentro deste 4º Inverno Ancestral. Unhs 30 nenos e nenas se deron cita na parroquia carballesa para gozar aprendendo de novos códigos e con xogos que, para moitos deles, eran novos.  Por outra banda, dentro da aula, desenvolvíase o obradoiro de xoguetes onde, os máis pequenos aprenderon dun xeito práctico na fabricación de bonecas, trampas, meigas…e outros xoguetes. Os monitores da ascociación e os propios pais foron os mestres, lembrando tempos antigos e pasando unha fermosa xornada.

Os xogos e xoguetes tradicionais son moi interesantes no aprendizaxe dos rapaces que, ademáis de facer deporte, son os protagonistas do propio xogo, fomentando o entendemento entre eles ademáis de detrezas. Non é necesario mercar xoguetes para ser felíz. Tampouco en Nadal.

4º Inverno Ancestral Xogos E Xoguetes Tradicionais

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank