Hai ESPÍAS NO NOSO BOSQUE

Hai ESPÍAS NO NOSO BOSQUE

Espias no bosque cartel

Espias no bosque cartel

Hai espías que levan espiando aos ESPÍAS NO NOSO BOSQUE. Levan traballando dende o anonimato durante estes meses para tratar de descubrir coñecemento sobre os mamíferos que se atopan no noso entorno rural.

 

Os espías de Senda Nova tratan de achegar ese coñecemento a escolas e instututos da bisbarra coa fin de saber máis sobre estes animaliños que están aí e que nunca vemos. Que nos miran ou sinten na escuridade da noite. Que non aparecen nas pantaias de móbiles nin de ordenador nin televisión.

Seres na intimidade e descoñecemento que non forman parte do vocabulario dos escolares de Bergantiños e que nos, dende os propios espías de Senda Nova, intentaremos coñecer e dar a coñecer como estivemos facendo ata agora dende o máis profundo anonimato.

 

ESPÍAS NO NOSO BOSQUE  é o proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña que pretende descubrir as características destes animais do noso entorno. Desenvolvese en múltiples actividades nos centros de ensino, no Espazo da Natureza de Oza e no medio natural. Todo na procura dun coñecemento maior dos nosos mamíferos autóctonos

 

Quen son? Que pegadas nos deixan?, por donde camiñan?, onde durmen?, como viven?, cando se moven?. Intentaremos ter máis información e , de agora en diante , contestaremos todas esas preguntas dende os propios centros de ensino e tamén dende diferentes actividades que realizaremos dende o ESPAZO DA NATUREZA DE OZA.

Infórmate. Ponte en contacto con nos.

Modo observadxr ON.

espias no bosque presentacion

espias no bosque presentacion

espias no bosque cartel 2

espias no bosque cartel 2

Espias no bosque cartel

Espias no bosque cartel

Re__Programa_de_coñecemento_de_mamíferos