Amelia Andrade Cameán foi a encargada de repasar as historias de Berdillo e de abrir con elas a rolda das diferentes HISTORIAS DE INVERNO, que terán continuidade na parroquia de Loroño, Zas.
O repaso pola parroquia carballesa foi moi interesante, con temas propios como a feira de Verdillo ou as profesións máis propias da zona.
Amelia ocupou a praza de José Vázquez, non podendo asistir este por unha indisposición de última hora. Moitisimas grazas a Amelia polo aprendido e tamén a Angela Cambón, presentadora desta primeira sesión. Tamén aos presentes polas interesantes intervencións.