As Historias de Inverno tamén teñen espazo dentro dos filmes ao aire libre de verán.
Dentro do programa Verán ao Natural 18 de Senda Nova e colaborando coa A. V. de Rececinde S. Xusto, o documental “Hoxe quen baila?” chega á parroquia de San Xusto, no concello de Coristanco.
As festas na metade de S. XX é o eixo dun traballo realizado pola A. Ambiental Senda Nova a través de Illa Bufarda e coa colaboración da Deputación da Coruña, que pretende espallar pola bisbarra, o xeito que tiñan de vivir as festas na sociedade de Bergantiños e Soneira na metade de S. XX.
Este traballo está realizado a través das gravacións feitas nas Historias de Inverno. O proxecto está levado a cabo pola nosa asociación, e leva visitado dúas ducias de parroquias das citadas comarcas, conectando coa xente maior a través de faladoiros de interesantes temáticas.
O vindeiro día 9 de agosto ás 21:30 no exterior do local social de Rececinde atoparémonos de novo con parte deses persoeiros e persoeiras protagonístas do programa.
Alí nos vemos.