“Hoxe quen baila?” comeza a súa andaina polo rural dende Rececinde

“Hoxe quen baila?” comeza a súa andaina polo rural dende Rececinde

Hoxe quen baila? prsentación Rececinde

Hoxe quen baila? prsentación Rececinde 2

Unhas trinta persoas acolleron a primeira das paradas que o documental HOXE QUEN BAILA? fará polo rural de Bergantiños e Soneira. E é que é sabido que este traballo no que colaborou de xeito especial a Deputación da Coruña, foi realizado nese mesmo rural da Costa da Morte.
O documental repasa como eran as festas en 21 parroquias da Costa da Morte a través de cuestións comúns a moitas delas expostas en  faladoiros realizados por Senda Nova durante tres programas das Historias de Inverno.
Rececinde foi capaz de encher de memoria a sala do local social da parroquia, que acolleu a varias decenas de persoas para presenciar a proxección, ver as costumes doutras parroquias e desfrutar dos veciños e veciñas da parroquia que participaran no proxecto.
Obrigados quedamos coa Asociación de Veciños de Rececinde san Xusto e con toda a veciñanza da parroquia pola acollida do documental e polos petiscos posteriores que serviron, coma non para falar doutros interesantes proxectos.
Grazas Rececinde.