O pasado sábado día 19 tivo lugar na carpa da rúa Colómbia o tradicional obradoiro de xoguetes tradicionais. Avós, avoas, pais, nais e nenos e nenas achegaronse para aprender e ensinar a facer nos mesmos os xoguetes, os agasallos.
Demostramos, unha vez máis que non é necesario mercar xoguetes caros, feitos lonxe, nin modelos comerciais para divertirse.
Demostramos que a própia diversión tamén radica na construcción, na imaxinación ena interactividade do xoguete e a persoa. Coidamos que nestas épocas consumistas de vacacións e longas noites de inverno, temos tempo a aprender e ensinar, a imaxinar e construir a nosa ferramenta de xogo. Servirá tamén para non ser pasivo diante do xogo, para non caer nos grandes centros de comercio.
Unha boas more de xente fíxonolo saber o sábado pasado a través de bruxas feitas de paliños e semilla de eucalito. De teléfonos de corda e vasos. De tirachinas e tiraboghas conmateria prima natural De bonecas de trapo e paus…
O vindeiro domingo ás 16 h. no mesmo sitio será a quenda dos xogos tradicionais. Aprenderemos coa carreira de sacos e de zancos. Coa recolla de millo ou o tiro de boina.
Alí te agardamos.