Isabel Risco e a Escola do Alprende no V AQUELARRE. Trae a túa basoira e as herbas do San Xoán

Isabel Risco e a Escola do Alprende no V AQUELARRE. Trae a túa basoira e as herbas do San Xoán

Cartel definitivo V Aquelarre

Cartel definitivo V Aquelarre

Cartel definitivo V Aquelarre

Cartel definitivo V Aquelarre

As meigas do Monte Neme preparan as súas basoiras para a xuntanza anual no Monte Neme, que se vai celebrar a partires das 22h do 17 de xuño no alto do balcón bergantiñá.

No acto contaremos ademais  coa presencia do historiador de Carballo Xan M. Fraga Rodríguez, un gran coñecedor da historia recente de Bergantiños, autor dun bó número de publicacións relacionadas coa comarca en xeral e con Monte Neme e Carballo de xeito particular.

Contaremos tamén con Xan X. Fernández Carrera, presidente do I. De Estudos Bergantiñáns e membro de diversas entidades dedicadas ao estudo da comarca e da Costa da Morte. Autor e coautor de diversas publicacións sobre turismo e patrimonio destas comarcas.

Asistirá tamén a actriz ISABEL RISCO, xs compoñentes da Escola do Alprende e músicos que, a nivel particular, estarán presentes na Ruada de música tradicional.

Ademáis destas entidades e persoeiros, o V AQUELARRE  celébrase grazas á colaboración de varias entidades como a AC San Campio de Cances, a AD Media ducia e a AV Protección Civil de Carballo.  Estarán tamén presentes múltiples entidades de carácter ambiental, cultural e social para darlle un pulo importante ao acto.

Os obxectivos do V AQUELARRE  de Monte Neme é poñer en valor o patrimonio impaterial de Monte Neme a través das súas lendas no que é un dos lugares con máis magnetismo da contorna e un dos poucos de Galicia onde a lenda sitúa Aquelarres antigos.

A lenda mantense vixente na poboación local nun lugar espectacular a nivel paisaxístico. Un balcón natural que leva o nome dunha deidade céltica, e que xuntou a veciños e veciñas das parroquias da redonda como Razo, Oza, Cances, Leiloio e Cambre.

O Monte Neme, símbolo das desfeitas, atópase agora cunha nova ameaza eólica a través dun proxecto de parque eólico que dilapidaría o que queda da fermosa paisaxe que se divisa dende esta balconada.

PARTICIPA COA TÚA BASOIRA E AS HERBAS DE SAN XOÁN