Jesusa Vázquez e Gelasio Varela na estación das HISTORIAS DE INVERNO de Vilaño

Jesusa Vázquez e Gelasio Varela na estación das HISTORIAS DE INVERNO de Vilaño

historias de inverno vilaño

historias de inverno vilaño

Medio cento de persoas recibiron, nun local sociocultural de Vilaño cheo, a Jesusa Vázquez e Gelasio Varela na velada nocturna da sexta parada das HISTORIAS DE INVERNO.

Ao agradecemento por parte dos membros da A. C. Adro de Vilaño, seguíronlle as temáticas e as preguntas suxeridas por Paco Graña (presentador hoxe), para iniciar entón, a viaxe no tempo pola vida de Vilaño, medio cento de anos atrás.

Coma sempre, unha das temáticas máis sorprendentes foi a escola, sobre todo para o pequeno grupo de mozos que se achegaron ao faladoiro. Outra das temáticas máis extendidas foron as festas e o traballo, cun repaso extenso das labores gandeiras e agrícolas máis dificultosas da época.

A próxima estación será a Escola de Oza para recibir ás Historias de Moldavia, no que é o faladoiro extraordinario desta 3º edición das HISTORIAS DE INVERNO.

Moitísimas grazas a todos pola tarde- noite de onte en Vilaño.