Magosto – Presentación 6 Inverno Ancestral

Magosto – Presentación 6 Inverno Ancestral

Magosto 2018

Chega o solsticio de inverno e toca xuntarnos arredor do lume, contar contos e comer castañas.

Con el despediremos as andainas do Outono en Marcha e daremoslle a benvida a unha nova estación.

Tamén aproveitaremos o achegamento para presentarvos o novo programa de inverno, o 6 INVERNO ANCESTRAL, que como de cotío nos enfocaremos no calor da lareira e no patrimonio inmaterial.

Estades todas e todos convidados ao magosto e a recibir un novo programa a carón do lume. Será o vindeiro sábado día 8 a partires das 18:00h no Espazo da Natureza de Oza.

Para apuntarvos non tedes máis que contactar connosco vía mail sendanova@hotmail.com ou whatxaap 611037617. Antes do día 6.

Alí nos vemos!!

Descargar cartaz: cMaartaz_magosto