Temos preparado un novo evento.
Aquel que, dende o solsticio de inverno, xuntaba á xente arredor do lume para queimar o peor dunha época e pedir aos espíritos o mellor para a vindeira.
Nós utilizarémolo ademais para lembrar os mellores contos das sesións da Escola Ambiental e das andainas do 6º Outono en Marcha, e tamén para recibir unha nova época, a da vida nas lareiras.
Aproveitaremos o achegamento ás castañas para presentarvos o novo programa de inverno, o 5º Inverno Ancestral, que ven a enfocar o calor da lareira e o patrimonio inmaterial.
Soci@s e non soci@s estades invitados ao magosto e a recibir un novo programa e unha nova época a carón das antigas lendas. Será o vindeiro sábado día 16 a partires das 18:00 no Espazo da Natureza de Oza.
Para apuntarvos non tedes máis que contactar connosco vía mail sendanova@hotmail.com ou whatxaap 611037617. Antes do día 14.
Alí nos vemos.