Máis de 60 persoas acollen un novo número de ABRINDO CAMIÑO

Máis de 60 persoas acollen un novo número de ABRINDO CAMIÑO

Presentacion 4º ABRINDO CAMIÑO

Presentacion 4º ABRINDO CAMIÑO

Presentacion ABRINDO CAMIÑO 2

Presentacion ABRINDO CAMIÑO 2

ÇMáis de 60 persoas xuntáronse no Espazo da Natureza de Oza para recibir o número 4 da REVISTA ABRINDO CAMIÑO (a 5º edición tendo en conta que a publicación conta cunha primeria edición nº 0).

No acto de presentación foron protagonistas os rapaces e rapazas da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo, que amosaron nas súas intervencións un resumo de cada un dos artigos.

Na presentación estiveron presentes socios e socias de Senda Nova ademais de familiares dos rapaces da escola que, unidos aos colaboradores que realizaron os artigos, encheron o local da asociación. Entre os asistentes estaban representantes de diferentes entidades da contorna entre as que se atopaban o G.N. Hábitat ou  Mallas de Area. Por outra banda, tamén se achegaron representantes de entidades de fora da contorna entre as que destacaba a viaxe dunha boa xeira de socios do G. N. Mavea de Asturies e tamén do colectivo Salvemos Peñamayor, tamén da comunidade veciña.

DIFERENTES SECCIÓNS

En canto á publicación, destacar o maior tamaño da mesma, superando a todas as edicións anteriores e achegándose ás 64 páxinas.
Os artigos publicados divídense nas seccións habituais, seguindo a mesma liña de traballo marcada fai un tempo. Esta liña marcada segue tamén na calidade do papel interior e das portadas.

As seccións habituais seguen. Deste xeito hai representación en todas as seccións de números anteriores: Opinión, Recuncho de sentimento, Parroquia por parroquia, Patrimonio inmaterial, Senda solidaria, Dende lonxe, Acción mocidade…. sendo as sección de Contranatura e En movemento as áreas que máis aumentan.

EDICIÓN DEDICADA AOS RÍOS

Precisamente a sección CONTRANATURA recolle varios artigos de crítica e reflexión sobre as actuacións nos nosos ríos, especialmente no Anllóns. E é que o tema principal da publicación ten o enfoque nas áreas fluviais, sobre todo nas que afectan á contorna.

os obxectivos desta publicación son os mesmos cos que nacía fai uns cantos anos. Dar voz a problemáticas ambientais e tamén a proxectos que encaixan co respecto pola natureza e o patrimonio, salientando aqueles que teñen que ver coa contorna da Costa da Morte.

Agradecer a toda a xente que colabora na publicación e tamén a socios e socias de Senda Nova polo traballo diario.

 

COMO FACERSE CO NÚMERO DA REVISTA

Ademais das bibliotecas con arquivo deste tipo de publicacións,  o número 5 da revista Abrindo Camiño será difundida a través de correo ordinario aos centros de ensino, centros sociais, concellos e bibliotecas da comarca. Ademais serán enviadas a entidades de obxectivos similares á nosa de dentro e fora de Galicia. En total uns 200 envios que se realizarán nas próximas semanas.

Aparte deste xeito de distribución, quedarán exemplares na libraría carballesa Clarión, onde as persoas que queiran poderanse facer cos exemplares correspondentes. O donativo, destinado de xeito exclusivo ao financiamento dos gastos de fabricación, será de 4€.