Monte Neme na escuridade

Monte Neme na escuridade

Iniciado o camiño do proxecto EU QUERO CARBALLO coa ruta cultural OS SEGREDOS CULTURAIS DA COSTA CARBALLESA e o obradoiro de coñecemento da Píllara das Dunas PILLARA DAS DUNAS, A XOIA DE BALDAIO, levadas a cabo por A. A. Senda Nova e G.N. Hábitat respectivamente, a nova semana trae unha nova quenda de acción para o coñecemento ambiental no litoral carballés.
Dentro do programa organizado polo Concello de Carballo, as iniciativas céntranse o mércores día 10 co OBRADOIRO DE BIODIVERSIDADE, impartido pol@s compañeir@s do G.N. Hábitat.
Para o xoves 11 e venres 12, a quenda para o OBRADOIRO DE CESTEIRÍA dirixido por Idoia Cuesta e no final da semana, a vindeira acción desenvolvida por Senda Nova, a actividade nocturna MONTE NEME NA ESCURIDADE.
MONTE NEME
O balcón máis importante de Bergantiños acolle un miradoiro natural privilexiado. Un lugar mítico cheo de maxia e lendas de noites de verán. Un entorno histórico para descodificar a través da andaina nocturna que nos levará a viaxes con imaxinación, ás historias do volframio e aos momentos de achegamento ao medio a través do silencio e das paradas para o coñecemento.
Monte Neme constitúese como un dos máis importantes lugares de Galicia onde se celebraban aquelarres. Un espazo onde se atopou un dos poucos cromlech do país, reconstruído posteriormente para chegar así aos nosos días. É a nomeada Eira das meigas.
O Petón das meigas (como tamén se denomina hoxe en día ao alto do monte de 385 m) constitúe aínda hoxe un lugar cunha atracción pouco común por parte da xente das parroquias que xunta o lugar. Unha maxia recibida en herdanza dende tempos inimaxinables que albergou expotacións de volframio que serían clave no desenvolvemento da II Guerra mundial. Un área que acolleu espías, mineiros e nazis. Un espazo donde se situou a Capela de Sta Cristina, na evolución ao cristianismo dos mencionados cultos pagáns que Monte Neme aínda posúe vivos.

Andaina de meigas e lendas.

 

Programa EU QUERO RAZO BALDAIO

Andaina nocturna MONTE NEME NA ESCURIDADE

Sábado 13.  Comezo 22:30. remate 1:30

Quedada Espazo da Natureza de Oza

Inscripcións de balde : http://carballo.org/euqueroRB/axenda.php?id=1755&idioma=gl&sec=273

Prazas limitadas.