O vindeiro domingo 22 de novembro coincidindo co roteiro de sendeirísmo AS PEGADAS DO WOLFRAMIO terá lugar un ACTO SIMBÓLICO de posta en valor dos valores naturais, culturais e paisaxísticos da balconada máis importante de Bergantiños.
O acto celebrarase ás 13 h, no alto de Monte Neme. Ao evento, convocado pola Asociación Ambiental Senda acudirán asociacións veciñais e culturais das parroquias que conflúen no espazo así como outras deportivas e culturais de carácter comarcal como o Instituto de Estudos Bergantiñáns.
Dende a Asociación Ambiental Senda Nova convidamos aos veciños e veciñas de Bergantiños para esta xuntanza simbólica e para mostrar o apoido ao emblemático monte bergantiñán.