A segunda edición da revista ABRINDO CAMIÑO xa está camiñando polo rural de Bergantiños.
Onte, dende o Espazo da Natureza de Oza, presentamos o segundo número da publicación da asociación que pretende, entre outras cousas, poñer en valor o patrimonio das nosas comarcas.
O acto estivo complementado por persoas colaboradoras da publicación, membros de Senda Nova e tamén público en xeral que se achegou ata Oza para dar a benvida a unha edición con máis contidos e a través dunha mellorada estrutura capaz de aumentar de 24 a 40 páxinas.
A filosofía da revista; realizada a través do traballo intenso, da axuda dos colaboradores e das donacións, suma a un piar básico: o esforzo económico da mesma Asociación Ambiental Senda Nova. Pon tamén o gran de area co pequeno comercio, ofrecendo para este número un espazo de balde onde anunciarse.
A fabricación deste número, en plena corentena, abrangue interesantes visións relacionando esta co mesmo entorno rural que nos rodea e salientando a importancia do mesmo a través dos sectores primarios, as feiras, a escola rural…e tamén no coidado do territorio contra proxectos insostibles, ou mesmo dende o coñecemento do mesmo a través dos vestixios culturais e lugares de interese ambiental.
A publicación poderase adquirir en diferentes espazos colaboradores que se irán ampliando dende hoxe para tecer unha rede máis ampla de difusión. O prezo é de 1€. A día de hoxe xa está presente en:
*Taberna O Logradouro (Carballo)
* Libraría Teldi (Carballo)
*Libraría Punto e Coma (Carballo)
*Cervecería La Bombonera (Carballo)
*Centro social Gomes Gaioso (A Coruña)
*Casa Lino (Rus-Carballo)
MÁIS INFO AQUÍ
Necesitamos da túa colaboración.
POR UN RURAL XUSTO