A parroquia dubresa de Niveiro será o epicentro do Outono en Marcha nas vindeiras semanas. Un novo traballo de deseño que, como o resto de roteiros do catálogo de rutas incluídas nos programas de Senda Nova, pretende unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico.
O investigador local David Casais Goimil foi o encargado de preparar con agarimo un itinerario con moitísimas sorpresas, que pon de manifesto o abundante e variado patrimonio da parroquia dubresa de Niveiro, asentada en plena valgada Malpica-Tui, un dos accidentes xeográficos máis importantes de Galicia.
O vindeiro día 26 de novembro ás 20 h, dende o Concello de Val do Dubra, daremos a benvida a un novo percorrido con todo o agarimo do mundo. Un novo deseño que se percorrerá o próximo 1 de decembro, no que será o remate por todo o alto dun 13 OUTONO EN MARCHA que camiña con forza e unha excelente participación.
Agradecer a colaboración da Asociación Medioambiental de Niveiro e tamén ao Concello de Val do Dubra, que colabora no deseño do percorrido e tamén no propio programa do 13 OUTONO EN MARCHA.
Quedades todas e todos convidados.