A oitava edición da Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo segue o seu curso no ano 2020. Co remate do ano novo abrimos a xeira de novos apuntamentos nesta segunda fase da edición e ata o día 25 de febreiro. Poderán participar nenos e nenas dos colexios carballeses que cursen entre terceiro e sexto de primaria.
A Escola Ambiental é un proxecto ambicioso e continuado no que cada unha das edicións se estende entre novembro e xullo a través de dinámicas de coñecemento do entorno natural, cultural e paisaxístico realizadas en sesións semanais de aula e tamén no medio.
As sesións de aula celébranse no Espazo da Natureza de Oza, onde a propia Escola da conta de parcelas cultivables dentro e fora do invernadoiro.
O prezo da matrícula (30€) é a única cantidade a aboar por parte das familias.
Aquí tes máis información sobre a Escola Ambiental
Para máis información e apuntamentos non deixes de poñerte en contacto con nos a través do mail sendanova@hotmail.com e os tf 611037614 611037617