NOVA SEMANA DE ACTIVIDADES COS XOVES DE FILME. ABERTO O PRAZO PARA OS APUNTAMENTOS PARA A EXCURSIÓN AOS ANCARES.

NOVA SEMANA DE ACTIVIDADES COS XOVES DE FILME. ABERTO O PRAZO PARA OS APUNTAMENTOS PARA A EXCURSIÓN AOS ANCARES.

NOVA SEMANA DE ACTIVIDADES COS XOVES DE FILME. ABERTO PARA OS APUNTAMENTOS PARA A EXCURSIÓN AOS ANCARES.

 

Despois do faladoiro nas Historias de Cambre o pasado día 28 de decembro, as HISTORIAS DE INVERNO difundían o dvd HOXE QUEN BAILA? Nunha das parroquias percorridas: Buño.

Entre as persoas asistentes atopábanse precisamente vari@s dos narrador@s e tamén Xosé Manuel Varela, presentador en varios faladoiros. A proxección realizouse o pasado día 2 de xaneiro e abría un novo ano de actividades dende a Casa do Oleiro. O programa do 6º INVERNO ANCESTRAL segue en marcha hoxe mesmo coa posta en marcha dunha nova xeira de XOVES DE FILME. A Seara, todos somos arquitectos, dirixido por Pepe Coira proxectase hoxe ás 19 h dende o Espazo da natureza de Oza. Un traballo que nos fala  dunha pequena e fermosa aldea do Courel que sufríu un proceso de rehabilitación integral levada a cabo por to@s @s veciñ@s do pobo. Mostranos que, entre todos e con agarimo e traballo podemos conservar o noso patrimonio.

EXCURSIÓN AOS ANCARES

Do Courel aos Ancares posto que xa está aberto o prazo de inscrición para a excursión aos Ancares do vindeiro sábado 12 de xaneiro.

A saída será as 7:30 da rúa Venezuela. Haberá unha camiñada dende a aldea do Piornedo en dirección ao Mustallar. Tamén teremos unha visita á aldea e á palloza museo así como a vila de Navia de Suarna.

Hora prevista aproximada de chegada: 22h.

Que levar?

Mochila con comida para todo o día (cada un leva a súa) roupa de abrigo ( fai frío). Calzado axeitado, impermeable. Cartos (por se paramos a tomar algo).

 

Como apuntarse:

Espazo da Natureza de Oza: xoves e venres de 17 a 20 h. Dende o xoves 3.

Protección Civil de Carballo: 10-13:30h  A partires do luns 7.

Último día para anotarse: Venres 11 ou ata que se cubran as prazas.

Prezos:

Adunt@s: 15€,    8€ soci@s

Menores: 8€,    5€ soci@s.