Seguindo co obxectivo de resaltar os valores ecolóxicos e culturais da bisbarra a través de documentais, poñemos en marcha unha nova xeira do xa coñecido programa XOVES DE FILME.
No seguinte ciclo de proxeccións coinciden varias propostas dun interese cultural e paisaxístico local, sobre todo da comarca de Soneira, que conviven con outras dúas proxeccións de carácter sociocultural que tratan sobre a colectividade do monte e o esgotamento de recursos.
Finalmente e, como é habitual nos diferentes programas de filme, unha temática que segue a poñer o foco nunha problemática contundente no noso territorio como son os incendios forestais. Unha reflexión que analiza as verdadeiras causas polas que arde o noso país.
Con todo, o foco principal desta xeira de filmes corresponde á nosa estrea como entidade no mundo audiovisual. E HOXE QUEN BAILA? é o primeiro dos documentais baseado en tantos e tantos faladoiros cos nosos maiores por 21 parroquias de Bergantiños e Soneira nas Historias de Inverno.
Queremos que o día 18 ás 20 h., no Espazo da Natureza de Oza sexa momento de reencontro de tod@s @s presentador@s e narrado@s, así como tod@s aquelas persoas que participaches colaborando con este fermoso proxecto. Un tempo tamén de agradecemento ás verbas dos nosos maiores e ao noso rural da Costa da Morte.
Estamos moi orgullos@s deste primeiro traballo e queremos compartilo con vos. Invitados tamén quedades.
Con todo e coma en todas as anteriores propostas dos Xoves de Filme, pretendemos o achegamento á ecoloxía e cultura, máis aínda dos espazos de máis de cerca, a través do audiovisual, e tamén dando pulo a traballos locais que mostran estudos elaborados da nosa realidade rural. Agradecidos quedamos ao SEMESCOM.
Como non, seguir a facer medrar o entorno rural do Espazo da Natureza de Oza.
A entrada é de balde. O horario ás 19h. dos xoves agás E HOXE QUEN BAILA? , que se proxectará o venres 18 ás 20 h.
Estas son as propostas:
19 ABRIL
Os Penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM)
Dirección: Xosé María Lema, Roberto Mouzo
Duración:
Sipnose: Sobre o proceso de protección e recoñecemento dos Penedos de Pasarela e Traba
Ano: 2009
26 ABRIL
Non hai mañá
Produción: Incubate Pictures
Dirección: Dermot O’Connor
Duración: 35 min
Sipnose: Filme animado sobre o esgotamento de recursos, enerxía e o crecemento
Ano: 2012
3 MAIO
Ruta das antas da Costa da Morte. Os principais monumentos megalíticos
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM)
Dirección: Xosé María Lema Suárez
Duración: 20 min
Sipnose: Un percorrido polas principais antas e mámoas da Costa da Morte
Ano: 2009
10 MAIO
En todas as mans
Produción: trespés s. Coop. Galega
Dirección: Diana Toucedo
Duración: 100 min
Sipnose: Documentario sobre os montes veciñais e mancomúns na Galiza, que pretende mostrar unha realidade escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega.
Ano: 2015
Venres 18 MAIO ás 20h
ESTREA
24 MAIO
Queimar o Monte
Dirección: Emilio Fonseca Martín
Produción: Uxía Buciños
Duración: 56 min
Sipnose: Documentario que trata e analiza as verdadeiras causas dun dos maiores problemas ambientais de Galiza, os incendios forestais.
Ano: 2012
31 MAIO
Os batáns do Mosquetín, un conxunto etnográfico singular
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM)
Dirección: Xosé María Lema Suárez
Duración: 30 min
Sipnose: Sobre o proceso de recuperación dos batáns do Moquetín, na Terra de Soneira
Ano: 2006