o 14 OUTONO EN MARCHA AGARDA NAS CORREDOIRAS

o 14 OUTONO EN MARCHA AGARDA NAS CORREDOIRAS

Presentación 14 Outono en Marcha 3

Presentación 14 Outono en Marcha 3

Presentación 14 Outono en Marcha 2

Presentación 14 Outono en Marcha 2

Un 14 OUTONO EN MARCHA agarda nas corredoiras de Bergantiños. Outra programación encamiñada ao compromiso co territorio dende a ferramenta sendeirista. As andainas como motor do coñecemento do patrimonio natural, cultural e paisaxístico achégase aos 20 anos, cando nacía a propia entidade, mantendo o compromiso durante todos estes anos ao non deixar de pasar a lo menos unha vez ao ano, pola maioría dos espazos que requiren, moitos deles agonizando, do autofalante das persoas con sensibilidade.

Ao acto de presentación acudiron unhas 40 persoas, entre elas alumnas e alumnos da propia Escola Ambiental, que exerceron de anfitrións perante o demais público.

ENCAIXE DE AXUDAS

Entre os maiores orgullos está en facer do 14 OUTONO EN MARCHA, un proxecto compartido de coñecemento da contorna. Entidades como a Federación Ecoloxista Galega, a Asociación de Veciños de Montemaior, Veciños polo Rural, Escola de Idiomas de Carballo ou o propio FIOT ( Festival Internacional de Outono de Teatro) están presente dun xeito ou outro nesta programación. Apoiando, participando e dando valor aos vestixios patrimoniais da contorna rural de Bergantiños.

A toda esta tea de araña únense os concellos de Carballo e A Laracha e tamén unha institución que representa moito para nos dende os orixes: Protección Civil de Carballo.

Destacar na xeira de rutas a interesante sorpresa de mesturar teatro e sendeirismo na primeira das andainas por RAZO BALDAIO PARA PROTEXER, tendo lugar no remate desta andaina a asistencia ao espectáculo COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO, de María Lestón, que se desenvolverá a carón da propia praia de Razo.

A programación do 14 OUTONO EN MARCHA segue do seguinte xeito.

MATERIAL GRÁFICO AO FINAL DO ARTIGO

Presentación 14 Outono en Marcha

Presentación 14 Outono en Marcha

Presentación 14 Outono en Marcha 3

Presentación 14 Outono en Marcha 3

14º OUTONO EN MARCHA

Valorando o noso patrimonio

  • RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER  (Carballo)

12 outubro

Distancia          3,5 km

 

Saídas

Concello da Laracha     9:00h

Carballo C. Comercial Bergantiños   9:15h

 

Os participantes da ruta incorporaranse ao espectáculo CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO DE Maríña Lestón que se celebrará na praia de Razo.

 

 

  • PEGADAS DO WOLFRAMIO    (Carballo)

19 outubro

Distancia  8,2 km

Saídas:

Concello da Laracha   9:00     Carballo C. Comercial Bergantiños                  9:15

 

. TERRAS DO MARQUÉS (Carballo)

26 outubro

Distancia  6,2 km

 

Saídas:

Concello da Laracha    9:30h

Carballo C. Comercial Bergantiños   9:15h

 

 

. SENDA DAS CAPELAS (A Laracha)

9 novembro

Distancia 9,8 km

Saídas:
Concello da Laracha 9:30
Carballo C. Comercial Bergantiños   9:15h

 

 

  • VÍA ALCAIANUS  (Coristanco-Carballo)

16 novembro

Distancia     18 km

 

Saídas

Concello da Laracha  9:00h

Carballo C. Comercial Bergantiños   9:15h

 

 

  • RUTA DAS FÉRVEDAS    (Carballo)

23 novembro

Distancia  10,5  km

Saídas:

Concello da Laracha 9:00

Carballo C. Comercial Bergantiños   9:15h

 

 

Descifrando os segredos da nosa contorna

*O obxectivo principal é descubrir o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da nosa contorna.

* A inscrición ás actividades inclúe:
O guiado e condución da mesma

O transporte dende os lugares de orixe e a volta aos mesmos ao finalizar.
* Seguro de accidentes

 

Lembra

* Traer o equipo necesario para a actividade que realizas:
Calzado e roupa axeitados, mochila, impermeable e unha prenda de roupa a maioress para cando paremos.
Comida e botellín con auga.

* Puntualidade

* No rural da nosa contorna hai lama e en Galicia chove.

*Se dispós da condición física para o desenvolvemento das actividades

*Facilitar aos guías a súa labor para un mellor desenvolvemento da actividade.
* Será de obrigado cumprimento un respecto escrupuloso polo medio natural, evitando deixar pegada innecesaria.

* Se ecolóxico, aproveita ao máximo a actividade. Aporta e escoita.

 

Todas as andainas son de dificultade baixa

Prazas limitadas.   As actividades poden sufrir modificacións.

INSCRIPCIÓNS

 

Lugares de apuntamento:
(persoas de fora de Bergantiños, poñerse en contacto connosco
)

 

Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar               luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                        luns a venres   de 9:30 a 13:30h

Espazo da Natureza de Oza                                                       Mércores, xoves e venres de 17 a 20h.

Escola de Idiomas de Carballo. Pazo da Cultura. 1º andar.   Martes de 18 a 20h

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

                            Non socixs:                                  Socixs:

Maiores de idade:                8€                                                                 6€

Menores de idade:                6€                                                                      4€

Descarga AQUI o cartel en pdf

Descarga AQUI o tríptico en pdf

 

Cartel 14 Outono en March

Cartel 14 Outono en March

TRIPTICO 2 14 Outono en Marcha

TRIPTICO 2 14 Outono en Marcha

TRIPTICO 1 14 Outono en Marcha

TRIPTICO 1 14 Outono en Marcha