14 Outono en Marcha Senda das Capelas
O 14 OUTONO EN MARCHA LEVOU A CASE 200 PARTICIPANTES A PERCORRER AS CORREDOIRAS BERGANTIÑÁNS

14 Outono en Marcha Razo Baldaio
O pasado 23 de novembro pechábase o XIV OUTONO EN MARCHA dende a Ruta das Férvedas. Os participantes percorrían a Depresión Meridiana polas parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces e pechaban outra edición dun programa de andainas para o coñecemento no que colaboran de xeito destacado o Concello da Laracha e o Concello de Carballo. O proxecto profundizou no coñecemento ambiental e cultural da comarca de Bergantiños a través dun sendeirismo pausado e en grupo no que o que se pretende é escanear a contorna a través de itinerarios previamente configurados para poder visitar os lugares máis importantes da contorna.
As andainas camiñaron por diferentes sitios de interese dos concellos de Carballo, A Laracha, Malpica de Bergantiños ou Coristanco a través de seis propostas de dificultade sinxela que se celebraron en outros seis domingos de camiñada.
A pesares da climatoloxía adversa nalgunha das xornadas, a participación total das andainas volveu ser elevada, acadando case 200 camiñantes no total do proxecto.
ENCAIXE DE AXUDAS
No éxito participativo tiveron moito que ver as entidades colaboradoras. Ademais dos concellos citados, temos que agradecer o esforzó da Escola de Idiomas de Carballo, O Grupo Naturalísta Hábitat, a A.C. de Montemaior ou a Federación Ecoloxísta Galega, que sumaron para descifrar a paisaxe bergantiñá e encher de colorido e participación cada una das andainas.
Temos que aradecer tamén a persoas que a título persoal, aportan moitísimo ao coñecemento dende cada lugar por onde pasamos.