O vindeiro sábado día 10 de outubro ás 12h é a data marcada para presentar una nova edición do Outono en Marcha.
O programa de rutas de outono chega á 15 edición cun pulo importante e os mesmos obxectivos que cando comezou.
Teremos a oportunidade de darlle a benvida a una nova xeira de rutas coa participación do grupo de música bergantiñá PAUSA DE HIDRATACIÓN. Unha formación nova e con forza con xente nova e con forza.
Ao acto están convidados representantes do Concello de Carballo e do Concello da Laracha, así como entidades impulsoras do proxecto. Tamén están convidadas as familias protagonistas da Escola Ambiental e integrantes das entidades colaboradoras desta nova edición. Por suposto, tamén as socias e socios de Senda Nova.
En marcha
15 Outono en Marcha