O CASTRO DA CROA ILUSIONA O FUTURO

O CASTRO DA CROA ILUSIONA O FUTURO

XII PR Costa agreste de Cerqueda e Cambre

XII PR Costa agreste de Cerqueda e Cambre

 

Xosé Manuel encara os muros do Castro da Croa con verbas e retortas no camiño. O intre é parecido  ao momento de sentir un grupo telonero antes dun gran concerto. Ao fin, accedemos á croa por un punto que podería ser un calquera da muralla senón fora porque Xosé Manuel, incluso a ollos pechados, sabería indicarnos estas pedras que forman a entrada orixinaria ao xacemento.

Estamos dentro do recinto. Somos capaces de converternos en varias bandas de castrexos que, a través dos grupos divididos de camiñantes, podemos comprender a sociedade bélica da época. A inmensa superficie da briga danos para varias paradas interesantes. Unha explicación ordenada en espazo e no tempo convídanos facilmente a establecer o momento actual do Castro da Croa como o punto de partida dunha nova fase onde este  elemento importante do concello de Malpica de Bergantiños se poida converter nun referente para o concello e comarca.

O Castro da Croa, abanderado polo concello e a veciñanza de Cerqueda chegou con folgos para un camiño cun futuro prometedor, toda vez que está a un paso dunha intervención arqueolóxica que, acompañada dunha dinamización cultural, poida colocar ao recinto no escaparate dos exemplos.

Sen dúbida, o castro é o centro estratéxico da andaina pola COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE. O pasado percorrido do proxecto da XII PRIMAVERA EN RUTA, amosou de novo un factor social vital no rural galego: o pulo do asociacionismo e a colaboración entre entidades e/ou administracións en fins culturais como este.

Ademais do Castro da Croa, o roteiro percorre ano tras ano pola amabilidade das xentes da parroquia. Loroxo e o peculiar e fermoso Pazo é un bo exemplo ademais de ser a entrada a un dos espazos máis espectaculares da nosa costa: os muíños da Ribeira.

O enclave, afastado das guías turísticas, mantén a pureza do recóndito cunha mestura de paisaxe e etnografía representada nos seus muíños de conto, repousados a carón do mar.
Mais o segredo mellor gardado está nas súas pedras caprichosas, capaces de retorcerse para mostrarnos a evolución das placas continentais. Pura  Historia xeolóxica.

As praias perdidas de San Miro e o Riás son polos dun anaco de costa encantada de agresivos cantís e fragas que chegan ao mar en forma de Devesa dos Conventos. O bosque ben podería ser descrito polo poeta no seu afán de poder relatar en versos a fermosura do lugar.

As cámaras de fotos gardáronse en Cambre, a carón dunha igrexa que xa despedira aos camiñantes seis horas antes. Un fermoso percorrido circular para abanear os sentidos.

 

XII PR Costa Agreste De Cerqueda E Cambre

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank