O magosto encende o lume dun 6º INVERNO ANCESTRAL

O magosto encende o lume dun 6º INVERNO ANCESTRAL

magosto present. 6 Inverno Ancestral 2

magosto present. 6 Inverno Ancestral

magosto present. 6 Inverno Ancestral 5

O lume para as castañas do magosto acendeu un novo programa de inverno, o 6º INVERNO ANCESTRAL  de Senda Nova. O programa de Nadal achegase á media ducia de anos e faise maior coas mesmas premisas que o caracterizaron ata agora. Os obxectivos distribúense a partires da posta en valor do patrimonio inmaterial e acubíllanse arredor dos meses de decembro, xaneiro e febreiro, épocas propicias para a transmisión oral a carón da lareira.

 

Varios compoñentes da nosa asociación encargáronse de expoñer con detalle cada unha do total de 16 propostas coas que conta o 6º proxecto invernal da asociación. Fixérono de xeito directo aos case medio cento de participantes que se achegaron ata o Espazo da Natureza de Oza e que compartiron o magosto e o elemento tradicional no Inverno Ancestral: o lume

 

As 16 propostas xiran en torno a varios eixes de actuación:

 

Algunhas das propostas invernais son tradicionais como as xuntanzas de socias e socios. Recuperamos a excursión aos Ancares para achegarnos en pleno inverno a costumes e medios naturais doutros lugares que manteñen doutro xeito a tradición. O faladoiro sobre nutrición impartido por Noa Vázquez Rendal é tan novidoso como interesante.

 

APALPADOR

O Apalpador segue a ter cabida na nosa programación como é habitual dende os comezos deste programa. A Biblioteca Rego da Balsa voltará a acoller ao carboeiro do Courel.

 

XOVES DE FILME

A partires de xaneiro, a actividade de filmes encherá de contidos audiovisuais o Espazo da Natureza de Oza. Seis propostas cos obxectivos tradicionais e contidos de carácter cultural e de natureza, sobre todo os traballos relacionados co territorio galego. Seis propostas que dan vida ao ENO a través das proxeccións. Serán ás 19h.

 

HISTORIAS DE INVERNO

As Historias de Inverno seguen vivas no rural das comarcas da Costa da Morte. Cando remate este inverno teremos chegado ás 30 parroquias. Unha  viaxe que comezamos fai varios años e que percorre as pistas do rural das nosas comarcas na procura da historia local de cada un dos lugares a través das verbas dos nosos maiores. Uns faladoiros cheos de calor no inverno que desta volta nos achegarán ás parroquias de Castriz ( Sta Comba), Cereo ( Coristanco), Carreira ( Zas), Cambre ( Malpica de Bergantiños) e Rus ( Carballo). Cinco novas parroquias de cinco concellos diferentes que se sumarán á proxección de HOXE QUEN BAILA?, o documental producido por Senda Nova que se realizou a través das gravacións das Historias de Inverno cos nosos maiores. Buño acollerá esta emotiva proposta.

 

Sen dúbida, do máis chamativo do programa é a actuación no Espazo da Natureza de Oza de Celso F. Sanmartín. O filólogo de Lalín e activista en Salvemos Catasós é un deses contadores de historias saídos das escoitas dos nosos maiores. As excelentes facultades para a narración oral desas historias únense ao seu traballo de recopilación de historias no rural galego a través de escoitas nas nosas aldeas. Por iso tiñamos tantas ganas de ter a Celso en Oza.

 

Agradecer enormemente a todos e todas que colaborades neste proxecto e facedes grande esta programación coa vosa axuda. Vai a mención especial para as voluntarias e voluntarios de Senda Nova.

Animádevos coa participación

 

Actividades, unha a unha:

6_inverno_ancestral cartel

data hora actividade lugar Entrada
13-12 19h. Historias de Inverno. Historias de Castriz     (Sta Comba)

Narradores: José Barbeira e Pepe Pensado

Presenta: Ana Cancela

Casa da escola do Hospital

(Castriz)

libre
 

14-12

 

19h Faladoiro

Hábitos saudables na alimentación

Noa Vázquez Rendal. Asesora nutricional

Espazo da Natureza de Oza libre
 

20-12

 

19h. Visita do Apalpador Biblioteca Rego da Balsa libre
 

21-12

 

21h. Historias de Inverno

Contar

Celso F.Sanmartín      Aforo limitado

Espazo da Natureza de Oza 3€
28-12

 

 

19h. Historias de Inverno. Historias de Cambre     (Malpica de Bergantiños)

Narrador@s: Asunción Vila e Jaime Vila

Presenta: Xosé Manuel Varela

Local social de Cambre libre
 

29-12

 

21:30 Asamblea Xeral de soci@s de Senda Nova (para soci@s)

Posterior cea de Nadal ( para tod@s). Apuntarse

E. N. Oza

Mesón do Pulpo

 

25€

 

2-1

 

20h. Proxeción

Hoxe quen baila ?

Documental baseado nos faladoiros das Historias de Inverno

Casa do oleiro de Buño libre
3-1

 

 

19h. Xoves de filme         A SEARA: Todos somos arquitectos

Dirección: Pepe Coira. Produción: A Fonsagrada Produccións e TVG.

Duración: 82min

Espazo da Natureza de Oza libre
10-1

 

 

19h. Xoves de Filme            Las Huellas del Cerrejón

Dirección: Sebastián Coronado

Duración 28 min.

Espazo da Natureza de Oza libre
 

12-1

 

8h. Excursión cultural aos Ancares

InfoInscripcións: asociacion@sendanova.org. 611037617 .

Prazas limitadas

Adultos: 15/8

Menores:8/5

 

16-1

 

19h Historias de Inverno. Historias de Cereo     (Coristanco)

Narrador@s: Florinda Antelo, Rosalía Souto, Francisco Bermudez

Presenta: Ánxela Abelenda

Escola unitaria de Cereo libre
 

17-1

 

19h. Xoves de filme       Por que non cantades todas

Dirección: Diana Toucedo.

Espazo da Natureza de Oza libre
 

24-1

 

19h. Xoves de filme    O carro e o home

Dirección e Produción: Antonio Román.

Museo do Pobo Galego. Duración: 11min.

Espazo da Natureza de Oza libre
 

30-1

 

19h. Historias de Inverno. Historias de Carreira(Zas)

Narrador@s: Celestino Andrade e Segundo Varela

Presenta: Perfecto Fuentes

Museo do liño de Carreira Libre
31-1

 

 

19h. Xoves de Filme      Aberto e Con Fume

Manconmunidade de Montes Tameiga

Dirección e Produción: Illa Bufarda. Duración: 40min.

Espazo da Natureza de Oza libre
14-2 19h Xoves de Filme  Volveré y seré millones, homenaje a Berta Cáceres

Produción: Kinorama Producciones

Duración: 10 min

Espazo da Natureza de Oza libre

magosto present. 6 Inverno Ancestral 3

magosto present. 6 Inverno Ancestral 2

magosto present. 6 Inverno Ancestral 1