O Outono en Marcha chega ao ecuador da súa 14 edición con case 100 participacións

O Outono en Marcha chega ao ecuador da súa 14 edición con case 100 participacións

O 14 OUTONO ENMARCHA chega a súa xornada de descanso despois de percorrer as corredoiras de Bergantiños coas tres primeiras propostas.
Razo-Baldaio, Pegadas do Wolframio e Terras do Marqués foron as tres propostas iniciais, nas que participaron preto de 100 persoas, que se achegaron ao patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da bisbarra a través de lama e corredoiras antigas.

Explicacións e unha media de 20 puntos de achegamento en cada unha das propostas foron elementos indispensables nesta labor de achegamento, complementada con material gráfico e intervencións de persoeiros como Evaristo Domínguez Rial.

Entidades como a Federación Ecoloxista Galega ou o mesmo FIOT ( Festival Internacional de Outono de Teatro), participaron nesta primeira etapa do programa, facendo do mesmo unha interacción entre colectivos e diferentes expresións culturais, así como establecemento de vínculos entre entidades, abrindo o patrimonio de Bergantiños a participantes de fora da comarca.

Despois do parón de descanso da fin de semana, teremos as seguintes tres propostas que pecharán esta viaxe polo patrimonio e as corredoiras de Bergantiños.