Espias no Bosque plantacion ceip fogar
O PROGRAMA ESPIAS NO BOSQUE SEGUE A ESTELA DA RAPAZADA DO CEIP FOGAR
O CEIP Fogar de Carballo, dentro do seu programa de plantación de árbores autóctonas CARBALLO CON BOTAS, ven traballado arreo na plantación de landras dentro das instalacións do propio centro. As nenas e nenos, impulsados polo profesorado foron quen de conseguir centos de carballos que brotan ledos recen comezada a primavera. Estes carballos, van necesitando espazo antes do seu destino definitivo toda vez que nas pequenas macetas onde naceron apenas teñen marxe de crecemento.
Pero para chegar ao obxectivo de repoboar un espazo como bosque autóctono, todos estes exemplares necesitan facerse maiores. Deste xeito, a través do programa ESPÍAS NO BOSQUE (financiado pola Deputación da Coruña) e nas instalacións do ESPAZO DA NATUREZA DE OZA, estes centos de exemplares crecerán sans e cos coidados necesarios a través do agarimo das socias e socios de Senda Nova.
O acto de recollida dos carballos estivo acompañado dun obradoiro onde se ensinou aos rapaces e rapazas de primeiro ciclo de primaria, como se realiza unha plantación dunha árbore autóctona un ano maiores que os que eles mesmos acaban de dar vida. Precisamente este será o proceso que se realice cos seus propios carballos cando pasen ao destino definitivo.
O obradoiro estivo acompañado dos contidos indispensables para saber da importancia destas árbores e os propios hábitat de bosque autóctono para a vida dos animais do noso bosque. Deste xeito, toda a rapazada de primeiro ciclo do CEIP FOGAR recibiu dúas guías para saír ao bosque: unha delas para o seguimento das pegadas dos principais mamíferos autóctonos e outra para a mellor identificación das árbores autóctonas.
Coma sempre agradecer que o CEIP FOGAR conte connosco para a realización deste tipo de actividades. Os nosos parabéns a alunado, profesorado e toda a comunidade educativa do centro.

Espias no Bosque plantacion ceip fogar 3

Espias no Bosque plantacion ceip fogar 2