Tempo de foliada, de reflexión de 6 meses de programación, e de máis de 50 días de actividades no camiño da sensibilización. Unha festa que serve de recompensa a un esforzo para voluntarios e voluntarias da entidade e colaboradores, que se achegaron ata a rúa Colombia de Carballo para dirsfrutar da sabedora parrilla, da inigualable compaña e dos 13 postres presentados ao concurso de postres.
Máis de 150 persoas pasaron durante todo o día pola carpa montada para a ocasión, aínda que a música tradicional e o karaoke con improvisados artistas foron as accións que máis divirtiron aos presentes.
Antes diso, o foco púxose na reflexión sobre os últimos meses de actividades. Os programas do II INVERNO ANCESTRAL, as SEMANAS DE NATUREZA E PAISAXE, as XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2015 e outras moitas actividades con colexios, maiores, limpezas de praias…reflexaronse nun vídeo-resumo deste comezo de ano de excelente dinamismo.
De todo destacou a ESCOLA AMBIENTAL. Os nosos nenos e nenas que toman o parón de verán como tempo de aumentar a súa progresión de coñecemento do medio a través das actividades cun marcado obxectivo de convivencia.
Rapaces, monitores e pais recibiron o recoñecemento mutuo, o encaixe de bolillos necesario para que as programacións se pechen con éxito. Foron os nenos os que levaron a lembranza a través dun diploma.
Albino Borrazás grañou o premio da rifa. Un premio onde estiveron presentes libros de coñecemento do noso entorno máis cercano. Leti Castiñeiras tivo que repartir o premio ao mellor postre con Zaira e Álex, nun concurso onde o xurado se tivo que empregar a fondo a causa da gran calidade e presentación das obras de arte participantes.
E un ano máis comeza o programa que ven continuar un traballo na asociación onde o SENDEIRÍSMO É O NEXO PRINCIPAL E A FERRAMENTA MÁIS POTENTE PARA OS OBXECTIVOS DA ENTIDADE.
Na continuación das actividades sendeiristas, damos un pasiño máis e programamos a RUTA NOCTURNA, unha marcha de 10 km de noite polos montes de Zas, a carón do cosmos e do lobo. Será este vindeiro día 11 e a saída será dende Carballo ás 21 h.
Haberá unha xuntanza o día anterior para todos aqueles que estén anotados. Terán o obxectivo de achegarse á actividade e a dúas accións que fomentaremos durante a mesma: O achegamento a especie do lobo e as nocións básicas sobre o cosmos.
O roteiro ten o final nunha pernocta ao aire libre. Deberase traer, ademais do equipo normal, un saco de durmir. O xoves será o último día para anotarse. 12€, 8€ Tes máis info no tf 696155232.
AS XORNADAS DE INICIACIÓN Á CARTOGRAFÍA E ORIENTACIÓN celebraranse o 5,6,7,8 de agosto e teñen como obxectivo dotar aos participantes duns coñecementos básicos en materia cartográfica e de orientación que permitan desenvolverse con soltura no medio natual a través dun mapa e unha brúxula. Inscricións de balde ata dus dias antes.
A actividade desenvolvese cerca do Parque Natural de Redes, en Asturies, onde se atopa amaior concentración de ciervos da península. A berrea é a época en celo desta especie e a actividade consiste en disfrutar do sonido que emiten os machos así como o avistamento e contabilización dos mesmos a través de equipos ópticos. Todo nun ambiente de convivencia con grupos doutras comunidades.
25, 26, 27 de setembro. Inscripcións ata 3 días antes 75€/65€, 55€/45€