Os vindeiros días 11 e 12 de agosto terá lugar a tradicional actividade organizada pola Plataforma en defensa de Monte Neme, que terá como obxectivo o avistamento das coñecidas Perseidas, que se deixan ver precisamente estes días do ano.
A actividade está incluída tamén nas Xornadas Astronómicas do Monte Neme, con outras actividades de carácter divulgativo dos valores do monte bergantiñán.
Na actividade desta vindeira semana contarase coa participación de Jorge Mira e Jose M. de la Viña, que darán significado a uns avistamentos que se dilatarán ata a madrugada.
Tamén hai a posiblididade de participar da actividade a través dun roteiro a pe e de chegar ao monte andando, facendo a volta polo mesmo medio.
Aínda vos podedes apuntar:
+info e inscripcións: info@monteneme.org