Os documentais e a saída polo bosque da Ribeira da Pena abren as Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Os documentais e a saída polo bosque da Ribeira da Pena abren as Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Arrincan as XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016. Un programa específico de posta en valor dos bosques no que, ano tras ano, intentamos poñer en valor, sobre todo o bosque autóctono atlántico e a sensibilización, sobre todo, dos espazos máis achegados na nosa xeografía.

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

AMAZONÍA CARBONIZADA

O documental ven de proxectarse na Biblioteca Rego da Balsa o pasado día 1 de Marzo. Supón un achegamento ás problemáticas do espazo verde maior. O achegamento faise a través da visión indíxena e de como, a través destes ollos se ve a destrucción do Amazonas.

As conclusións poñen de relevo as coincidencias coas problemáticas locais, sobre todo no que ten que ver coa mentalización e sicoloxía para avalar proxectos destructivos do medio. Deste xeito, sempre detrás destas defensas está a palabra “progreso”.

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

CAMIÑOS DE ALDEMUNDE

A camiñada por este roteiro deseñado por membros da entidade é un dos máis clásicos nas rutas de sendeirismo, percorre por completo o Bosque da Ribeira da Pena. Intentamos achegarnos ao que foi a saída a través do seguinte texto:

A RIBEIRA CON PENA

Corenta persoas decidiron pasar as primeiras friaxes de marzo e a a ameazante climatoloxía bergantiñán, nun dos espazos máis humidos da Costa da Morte.

Comezouse  no Toural, na parroquia de Rodís, a tradicional andaina que, ano tras ano, corta a cinta para inagurar, un ano máis ,  a tempada de camiñadas  interpretativas da Asociación Ambiental Senda Nova. OS CAMIÑOS DE ALDEMUNDE  crean afición. Trátase dun percorrido cheo de máxia, de obstáculos que arman de valor ao camiñante e reconfortan a autoestima despois da superación continua. Moito máis que gañarlle a partida ás silvas ou ás pólas que, nun continuo exemplo de fortaleza vital, seguen a pechar o camiño ano tras ano.

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Intégrase ben a fortaleza humana neste espazo. A de aqueles terc@s voluntari@s de Senda Nova que  amplian o roteiro no bosque, a base dunhas pontes artesanais imprescindibles para avanzar no terreo costento dun dos bosques mellor conservados da Costa da Morte.  Pontes sobre o río Abeleira que acaba por rendirse á chaira bergantiñán e descolgarse á mesma, bravo e saltarín, dende a meseta de Ordes. Pontes cara a sensibilización ecolóxica, cara un sentimento que mira e admira  un bosque que representa moitísimo nos dez anos de historia da entidade.

Centímetro a centímetro perdémonos na media ducia de metros contemplando o escalar do mofo polas cortizas dos bidueiros. En realidade o mofo omnipresente é un dos tantos sinais de identidade nas case que oitenta hectáreas de humidade e de luz especial. Mais o que o fai grande é a cantidade de especies que alí viven e que completan  unha amplísima variedade de flora, un auténtico espazo metodolóxico para o nutrido grupo de rapaces e rapazas da Escola Ambiental, que non necesitan máis que a observación e o escoitar do bosque para levar a súa pegada a través das sementes de castiñeiro, de multitude de especies vexetais en forma de representativas follas secas de bidueiro, castiñeiro, carballo, abeleira, ameneiro, salgueiro… mesmo as que, con folla perenne, serven de acubillo para os animais do bosque en tempos de frío, como a silvarda, o loureiro ou mesmo o acivro. Abondosos exemplos de especies que ocupan, cada unha, un determinado espazo vertical. Complementandose, necesitando unhas doutras, en perfecta sociedade.

Ben vimos que o eucalipto e máis aínda, as especies  máis agresivas, non teñen cabida e, menos aínda, nun espazo como este.

A pesares disto e despois de camiñar centos de quilómetros cada ano nos roteiros de sendeirismo vemos que é precisamente este lugar un dos máis atacados pola introdución destes cultivos.

É conciencialmente aterrador facer balance da Ribeira da Pena cada ano e en términos globais.

Fai anos denunciabamos unha  proliferación de rutas con quands, hoxe superada.

Fai menos tempo, as cortas de grandes superficies de carballeiras formadas saltaban aos ollos dos camiñantes ao comezo da primavera. Cortas que levaron a madeira de máis perimetro e deixaron o monte cheo de pólas e mato de silva. E dende sempre e, nunha contínua e acelerada conquista abusiva que chegou por fin ao río Abeleira  (arteria principal do bosque) ,  os eucaliptos.

O corazón dun dos espazos de vexetación autóctona máis importantes está ferido  con prantacións, sobre todo dun eucalipto Regnans, que se expande como as auténticas pragas. Que devora a ecoloxía do bosque autóctono.

Comprobamolo ao observar que as zonas queimadas concentranse nas de eucalipto. Que debaixo da súa follaxe non existe ningunha variedade de flora. Que as súas raices nun terreo deste estilo non son capaces de aguantar o enorme porte e altura dos exemplares, sendo vítimas do vento e rematando por desmoronarse, ladeira abaixo, sobre a vida doutros exemplares, mesmo especies autóctonas.

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016

Deste xeito, hai zonas donde a acumulación de madeira seca  é realmente impactante, sobre todo pola caida de enormes exemplares de especies foráneas. Deste xeito, o río, como zona máis baixa, vese afectado nun cauce que, en épocas de enchenta arrastra con el toneladas de madeira que é capaz de tirar con pontes. Un exemplo é a  ponte antiga de pedra que cruzaba a Ribeira no camiño que uníu Aldemunde coa veciña Cerceda nunha desas fermosas corredoiras que tamén se liquidan dun plumazo e se converten en pista, co ánimo de meter maquinaria pesada para as plantacións.

Na beira de Cerceda as rezentes plantacións levan a este eucalipto ata mesmo río Abeleira, quedando só o espazo do pequeno muíño sen plantar. A apertura de pistas e a curta indiscriminada noutras tinzas da mesma beira dereita, fan pensar en actuacións similares.

Pero as plantacións de eucalipto mesmo chegan ao castro de Aldemunde. Un quilómetro fora do bosque tamén foi levada esta especie,  que atopou lugar dentro do recinto castrexo e mesmo nas muraias defensivas exteriores. En clara contraposición a outros usos tradicionais de leiras  veciñas, as prantacións deste tipo e máis nestes lugares son certamente indefendibles, aparte claro está, da legalidade vixente.

Certamente é un problema de sensibilización que dubido se solucione con cargas económicas para veciños e veciñas, eso si, estamos na hora de retirar e de dar marcha atrás e alguén ten que facelo cumprir.

E toda esta pena que ano tras ano se agranda con novas actuacións, ten como contraposición a visita a Jesús de Regueiro, un deses homes que tanto nos aporta cada ano e que tanto dou a Senda Nova. A coñecida historia do seu muíño continua. Segue a moer co coidado e agarimo do seu dono que o segue a utilizar como ferramenta para darlle os coidados ao seu gando. Un gando que manten de xeito tradicional e que fai que as leiras se sigan mantendo e non se volvan silvas. Unha clara aposta polo mantemento do nosos rural.

E a ruta seguíu, non sen antes comprobar a pegada da fauna. Unha pegada que admiraron o animoso grupo dos máis novos, unhas sinais en forma de deposicións de raposo, en forma de pegada de xabarín, da fozada de porco teixo. Incluso o lobo se deixou intuir en forma de defecación. Este si é o exemplo da vida.

A ruta acababa porque xa clagabamos ao dolmen da Pedra Moura. O fin estaba no monumento megalítico por excelencia dentro do concello de Carballo.

Atras quedou unha visión da paisaxe máis espectacular. Un pequeno percorrido que segue a albergar vida e esperanza e que ten, en pouco anaco, un importante patrimonio a visitar. Sen dúbida, non teremos sempre a sorte de facelo con Xan Fernández Carrera, unha  das persoas que nos marcou unha senda ven visible para a posta en valor da Costa da Morte e ao cal lle damos as grazas por iso e polas explicacións desta fermosa e chuviosa mañán de domingo.