OS ESPIAS NO BOSQUE AGARDAN AO DÍA 29 PARA RECIBIR AO APALPADOR

OS ESPIAS NO BOSQUE AGARDAN AO DÍA 29 PARA RECIBIR AO APALPADOR

Apalpador Carreira

Apalpador Carreira

A parroquia de Carreira recibirá ao Apalpador o día 29, cando o carboeiro, na súa viaxe dende o Courel, desenvolva a etapa que o leva dende Coristanco ate Carreira.
Os ESPÍAS NO BOSQUE de Senda Nova serán os encargados de facerlle o recibimento á súa chegada a Carreira dende o monte de Pico de Meda.

OBRADOIROS DENDE AS 17H
Deste xeito, a partires das 17h da tarde, dende o local social, haberá OBRADOIROS DE PEGADAS E INDICIOS, para que os máis pequenos saiban máis sobre a fauna autóctona da contorna, uns coñecementos que serán ampliados coa chegada do Apalpador, grazas á súa sabedoría sobre a natureza.

Os máis maiores terán a oportunidade de participar na visita guiada á aldea e ao Museo do Liño , unha proposta conducida pola Asociación de Veciños o Santiaguiño de Carreira para destacar o patrimonio etnográfico da parroquia.

Nos obradoiros e visitas guiadas poderá participar quen queira ata esgotarse as prazas.

Os actos de recibimento ao Apalpador continuarán co recibimento aos nenos dende o local social e serán amenizados polo grupo de gaitas CHURÍA de Zas.
Ademais da Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira, colabora o Concello de Zas e a Deputación da Coruña dentro do programa ESPIAS NO BOSQUE.

Recibe con nos ao Apalpador. Achégate a Carreira.