Caión, a súa costa, o seu interior

Caión, a súa costa, o seu interior

8º PR Camiños de Caión

8º PR Camiños de Caión

Cun calmuzo de maio, a punto de estoupar, recibiu a vila baleeira do concello da Laracha ao medio cento de persoas que se interesaron por madrugar un domingo para aprender do noso entorno a través das camiñadas que pretenden a interpretación do patrimonio máis escondido.

Caión é ben agradecido á vista dende todas as perspectivas. Unhas das máis orixinais pode pode ter que ver con divisalo  con amigos, moitos deles de novo coñecemento, que deciden cambiar un domingo calquera por un festivo de aprendizaxe. CAMIÑOS DE CAIÓN é unha das mellores formas de divisar o encanto da vila e do seu entorno a través de múltiples perspectivas cun denominador común: a viaxe por elas con Evaristo Domínguez Rial, autor do deseño do percorrido e con actividades de grupo que invirten no pulo polo patrimonio a través da organización de esforzados/as voluntarios/as.

A vila foi o comezo. Tamén foi o final dun traxecto que entrou nos concellos lindeiros de Carballo e Arteixo para trazar camiños por costas fermosas, furnas agrestes e praias espectaculares que nos deixaron a pegada da vida nos ecosistemas costeiros e a morte dun caldeirón en Leira

Os sentidos gozaron dende as visións que nos ofrecen os outeiros maiores da parroquia, alá no estreito linde administrativo que case xunta Carballo, A Laracha e Arteixo. As cámaras de fotos ofrecían fermosas estampas co santuario dos Milagres en primeiro plano e o Atlántico e as Sisargas como gregarias de luxo dun cadro perfecto. Augascae, case no mar arteixán foi outra das paradas onde mesturamos coñecemento e un descanso merecido para afrontar unha última parte do traxecto con clara aventura nos altos fieitais por onde tivemos a ben abrir camiño. Algo tamén característico das andainas.

Atractiva e amena unha xornada das que fan equipo e afección e na que volveu ser protagonista a nosa mocidade. As nenas e nenos de 5º curso do colexio da Laracha ampliaron a representación na andaina en modo anfitrión.

Tamén unnha nova sesión de Escola Ambiental de Senda Nova, coincidiu cun traxecto útil para o coñecemento do entorno máis próximo no que conviven os 25 participantes que manteñen con máis ilusión que nunca, esta nova andaina do programa máis ambicioso da nosa entidade.

Sen dúbida, ven vale destacar o esforzo da mocidade e dos seus proxenitores, que establecen prioridades semanais cun proxecto que naceu fai 5 anos  coa coordinación de Eva Cameán Pensado e que mantén a mesma ilusión na mesma nosa tesoureira a través dun esforzado continuado e crecente traballo pola nosa mocidade. Nunca difundido o suficiente a labor dos artífices do proxecto.

 

 

 

8º PRIMAVERA EN RUTA Camiños De Caión

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank