OUTONO EN MARCHA: 10 ANOS DE OCRES NA PAISAXE BERGANTIÑÁ

OUTONO EN MARCHA: 10 ANOS DE OCRES NA PAISAXE BERGANTIÑÁ

Presentacion 10 OM 2

Presentacion 10 OM 2

Presentacion 10 OM 2

Presentacion 10 OM 2

A proposta do 10 OUTONO EN MARCHA está na rede e na néboa das paisaxes de Bergantiños.

O pasado martes 28 de decembro, 20 persoas xuntáronse no Espazo da natureza de Oza para recibir 10 anos de paisaxes de outono polas corredoiras de Bergantiños.

10 anos de colaboracións entre Concello de Carballo, Concello de Coristanco, Concello da Laracha, Protección Civil de Carballo e os voluntarixs de Senda Nova, para achegar a poboación os vestixios históricos máis importantes de Bergantiños e a paisaxe de outono máis espectacular.

Os obxectivos marcados dende un principio mantéñense nas 10 edicións que levan percorrido case un millar de quilómetros de corredoiras de Bergantiños. Nun deles, a posta en valor dos percorridos previamente deseñados para pasar polo patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico de Bergantiños, traballando no coñecemento do entorno.

Outro deles, a recuperación de antigos viais ou corredoiras que unían aldeas. Máis se cabe nun tempo de encrucillada onde se está a arrasar camiños tradicionais derribando muros, cementando, botando zahorra e cortando as especies que enmarcan estas antigas corredoiras.

Queremos seguir reivindicando estas vías  e esixir parar o exterminio destas vías de comunicación, moitas delas enmarcadas en muros de pedra seca, recentemente declarados patrimonio da humanidade.

Seis son as rutas e un cento os quilómetros que percorrerá este X OUTONO EN MARCHA pola comarca de Bergantiños, que engadido ás paradas para a interpretación, tentarán descifrar os segredos mellor gardados do noso rural a través da aportación dos guías titulados da entidade.

TRIPTICOS AO FINAL DO ARTIGO

presentacion 10 OM

presentacion 10 OM

Presentacion 10 OM 1

Presentacion 10 OM 1

 

Aquí tes máis info do X OUTONO EN MARCHA. 10 anos de paisaxes ocres de outono.

 

10º OUTONO EN MARCHA

Bergantiños dende as corredoiras

  • RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER (Carballo)

10 outubro

Distancia aproximada          14km

Dificultade  media-baixa

 

Saídas

Concello da Laracha  8:00h                                                       Carballo Rúa Venezuela   8:15h

Concello de Coristanco 8:00h.

A ecoloxía e paisaxe que osixena Carballo

Xeoloxía, cultura e biodiversidade nun espazo natural que alberga un dos sistemas dunares mellor conservados de Galicia.

 

  • TERRAS DO MARQUÉS ( Carballo)

24 outubro

Distancia aproximada  14 km

Dificultade media-baixa

 

Saídas:

Concello da Laracha  8:00

Carballo Rúa Venezuela        8:15

Concello de Coristanco   8:30

 

A vida de pracer nos pazos señoriais.

Os pazos de Gontade, das Pallas e, o de máis sona, Vilar de Francos, son paradas estratéxicas dunha senda que cautiva.

 

 

  • VÍA ALCAIANUS (Coristanco-Carballo)

7 novembro

Distancia aproximada          19km

Dificultade  baixa

 

Saídas

Concello da Laracha     8:00h

Carballo Rúa Venezuela   8:15h

Concello de Coristanco   8:30

 

As pegadas romanas que salpican Coristanco

A ponte Lubián é un dos puntos estratéxicos dunha senda con continuo desnivel negativo que atravesa castros, pazos e fermosas corredoiras antigas enmarcadas con especies autóctonas.

 

 

. SENDA DAS CAPELAS ( A Laracha)

14 novembro

Distancia aproximada   16 km

Dificultade media

 

Saídas:

Concello da Laracha    8:30h

Carballo Rúa Venezuela     8:15h

Concello de Coristanco 8:00h.

 

Os segredos dos zapateiros escondidos nas capelas de Montemaior

Montemaior é a única parroquia pola que camiña unha ruta salpicada de capelas. Algunha destas construcións enmárcanse en fermosos paraxes de silencio e en varias delas afloran lendas e tradicións nas que aínda latexan cultos precristiáns. Como nexo do percorrido, o curtidoiro de Cumiáns.

 

 

PEGADAS DO WOLFRAMIO  (Carballo-Malpica de Bergantiños)

21 novembro

Distancia aproximada      17km

Dificultade media

 

Saídas:

Concello da Laracha  8:00h

Carballo Rúa Venezuela      8:15h

Concello de Coristanco  8:00h.

 

Historias de meigas e volframio dende o balcón de Monteneme

Acompáñanos durante o percorrido o cheiro á historia a través do negro mineral tan prezado na 2º guerra mundial. Monteneme é o balcón xefe de todo un itinerario para sacar proveito deste “ Petón das meigas

 

 

  • RUTA DAS FÉRVEDAS ( Carballo)

28 novembro

Distancia aproximada  15 km

Dificultade media

 

Saídas:

Concello da Laracha      8:00

Carballo Rúa Venezuela       8:15

Concello de Coristanco  8:30h

 

A auga que fuxe á Depresión Meridiana

A Depresión meridiana é o compás que guía o percorrido dende Carballo ata a férveda de San Paio. Corredoiras cheas de encanto para unir saltos de auga formados pola citada valgada que percorre Galicia de norte a sur.

 

 

 

Obxectivos principais

 

Coñecer o patrimonio e camiñar fora do asfalto, formigón e zahorra

 

Así o facemos:

 

  • Pasaremos a xornada xuntos. A hora de chegada dependerá do volume de participantes, características do roteiro, climatoloxía, interpretación do patrimonio…
  • Esquécete do avituallamento, encargámonos nos del.
  • Encargámonos tamén do transporte, dende os lugares de saída ata o comezo de andaina e de volta ao remate da actividade.
  • Achegarémonos á interpretación en cada punto de interese no roteiro grazas ao teu comportamento e á túa aportación.
  • Guías titulados.
  • Seguro de accidentes para xs participantes.

 

LEMBRA SEMPRE

 

    *        Puntualidade

  • Se ecolóxico, aproveita ao máximo a actividade. Aportando e escoitando.
  • Lémbrate tamén do calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable), roupa axeitada, mochila, impermeable, navalla, gorra, protección solar. Tamén a túa cámara de fotos é importante.
  • Para unha mellor interpretación dos percorridos e polo coidado do entorno, nalgúns roteiros as prazas poden ser limitadas.
  • Que as actividades poden sufrir modificacións.
  • Deixar o entorno como o atopas. Evita deixar pegadas innecesarias. Non deixes papeis, non fagas ruidos. Respecta aos habitantes das aldeas (animais e persoas). Deixa as cancelas como as atopas.
  • Nunca te saias do camiño.

—— Prazas limitadas.   As actividades poden sufrir modificacións.

——As actividades realizaranse seguindo as medidas de proteción vixentes en materia de prevención contra o COVID 19.  Achégate coa mascarilla e respecta as indicacións da organización nesta materia.

 

 

INSCRIPCIÓNS

 

Lugares de apuntamento:
(persoas de fora de Bergantiños, poñerse en contacto connosco)

 

Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                                luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de cultura do Concello de Coristanco
Edificio de usos Múltiples 1º andar.                            Luns a venres   de 9:30 a 13:30h.

 

Espazo da Natureza de Oza                                         Mércores, xoves e venres de 17 a 20h.

 

 

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

 

 

                            Non socixs:                                  Socixs:

Maiores de idade:                7€                                    5€

Menores de idade:             5€                                        3€

MÁIS INFORMACION

 

www.sendanova.org

sendanova@hotmail.com

 

 

CartelOutonoEM_page-0001

CartelOutonoEM_page-0001

 

DESCARGA AQUI O CARTEL

Triptico10OutonoEnMarcha_page-0001

Triptico10OutonoEnMarcha_page-0001

Triptico10OutonoEnMarcha_page-0002

Triptico10OutonoEnMarcha_page-0002

 

DESCARGA AQUI O TRIPTICO