Outro outuno de compromiso

Outro outuno de compromiso

OUTONO EN MARCHA

OUTONO EN MARCHA

A bóbeda da capela de San Paio de Entrecruces puxo fin a outra edición do OUTONO EN MARCHA.  A construcción relixiosa máis antiga do Concello de Carballo foi o punto e final doutra xeira de roteiros co coñecemento, a interpretación e o aprendizaxe como denominador común.

OUTONO EN MARCHA

OUTONO EN MARCHA

A Ruta da Férvedas foi o destino dos máis de 70 camiñantes que desfixeron a xiada da capital de Bergantiños a base de pisadas e de pegadas inquedas. Pisadas de frío que se converteron en pasos armónicos pola depresión meridiana. Antes, ao cruzar a Brea, xa houbera punto interpretativo no peto de ánimas. Despois, alí na parroquia de Ardaña, comezáronse a suceder paradas de coñecemento no rural das parroquias da depresión meridiana.  A viaxe polo antigo camiño que unía as aldeas do tercio ten continuidade máis alá da fronteira coma meseta de Ordes, nunha vía que, co roteiro AS SENDAS DO APÓSTOLO,  chegaría a Compostela por antigas corredoiras.

Fermosas son as que quedan sen asfaltar no tramo carballés, nesta mesma Ruta das Férvedas. Tramos con antigos muros que a protexen da grande maquinaria pesada moderna. Fermosos exemplares de vexetación autóctona que a enmarcan na historia e na fermosura.

OUTONO EN MARCHA

OUTONO EN MARCHA

Camiñar por elas é retraerse na máquina do tempo. Máis aínda cando pasamos por xoias arquitéctónicas como a barroca Sta María de Rus, o templo carballés por excelencia. Tamén Ardaña e Entrecruces teñen adros bonitos presididos por igrexas e cruceiros que chamaron a atencios aos camiñantes de Senda Nova, moito máis aínda dos participantes de fora de Bergantiños e da Coruña. Certamente , esta edición do OUTONO EN MARCHA foi a da expansión da aprendizaxe en cada punto ao resto de Galicia. Moitas foron as persoas que se achegaron ao patrimonio bergantiñán da Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Carballo a través das 6 propostas de camiñadas polo entorno máis lameiro. Pontevedra, Lugo, Vilagarcía, Compostela, Ames, A Coruña…foron algúns dos puntos dende onde os camiñantes se erguían un domingo, antes das sete da mañán, para participares nas andainas deste IV OUTONO EN MARCHA.

Cumprimos obxectivos de novo e fixémolo como sabemos, coa intensa colaboración dos concellos de Coristanco, Carballo e a Laracha, coa axuda de Protección Civil de Carballo e coas gañas, ilusión tempo e traballo de Ángela, Alberto, Eva, Carmen, Manuel, Esther, Jorge, Moncho, Alba…e tantos outros voluntarios e voluntarias da asociación.

Grazas pois, de novo, a todos eles e tamén a todas e todos os que nos abriron as portas do seu patrimonio rural e nos fixeron partícipes do mesmo. A nos e ao exército de nenos e nenas cos que tanto compromiso temos e tedes.

Vémonos pronto