Pechou a XVI PRIMAVERA EN RUTA con case 300 participacións e máis de 120 km percorridos/A Escola Ambiental apura as últimas sesións da 13 edición.

Pechou a XVI PRIMAVERA EN RUTA con case 300 participacións e máis de 120 km percorridos/A Escola Ambiental apura as últimas sesións da 13 edición.

16 PR Camiños de Aldemunde 2

16 PR Camiños de Aldemunde 2

A ruta por Trazo a través da andaina pola FORZA DO RÍO CHONIA, pechou a XVI PRIMAVERA EN RUTA.

Fai 16 anos puxémonos como obxectivo o percorrer cada un dos itinerarios unha vez por ano. 16 anos despois cumprimos obxectivos a través dunha xuntanza de forzas que permitiu a realización de andainas para o aprendizaxe da nosa contorna.

Desta volta, con case 300 persoas participantes en oito andainas, máis de 150 paradas programadas para o coñecemento, e máis de 120 km de andainas pola contorna, foi outra edición que suma e segue na idea do sendeirismo como ferramenta do coñecemento da contorna.

CÚMULO DE AXUDAS

En Senda Nova poñemos a enerxía de activación mais a PRIMAVERA EN RUTA é un cúmulo de axudas e esforzos que comeza co apoio dos concellos. Non nos cansamos de agradecer ao Concello de Carballo, ao Concello da Laracha, ao Concello de Malpica de Bergantiños, que se unen ao Concello de Zas e de Trazo para formar unha xuntanza de axudas necesaria.

A labor de Protección Civil de Carballo, a da Escola de Idiomas de Carballo e a do voluntariado de Senda Nova son os engranaxes que fai que todo funcione.

PARTICIPACIÓN

Entre as colaboracións están as entidades que participan connosco. Desta volta temos moito que agradecer.
Unha boa xeira de entidades de preto que nos acompañaron para lograr o obxectivo de dar a coñecer o patrimonio local á poboación máis apegada á nosa contorna.  Deste xeito, participaron connosco en diferentes andainas, veciñas e veciños en grupo a través de Veciños Polo Rural, A.V de Aldemunde, A. V. da Pontraga.

Non quixemos a oportunidade de dar a coñecer os nosos recunchos a entidades de fora da bisbarra. Así, nesta XVI PRIMAVERA EN RUTA acollemos unha das andainas do programa de andainas do Concello de Guitiriz, que escolleron unha das nosas rutas para incluír no seu programa.
Tamén tivemos representación de fora de Galicia, cos colectivos Salvemos Peñamayor e Grupo Naturalista Mavea, que nos visitaron na saída polo concello de Malpica de Bergantiños.

E como non, tivemos a sorte de manter a participación periódica do publico local, que con participantes novos e camiñantes tradicionais, chegaron sobre todo dos concellos de Carballo, A Laracha e Malpica de Bergantiños.

O balance que facemos serve para recobrar forzas. A PRIMAVERA EN RUTA segue viva e, o máis importante, o sendeirismo interpretativo toma forza na nosa Costa da Morte.
Atrás quedan os inicios, que necesitaron dun esforzo extra para demostrar á sociedade que, o mesmo que noutros lugares, aquí neste recuncho tiña que ser unha actividade a potenciar. Mereceu a pena.

Máis de 120 km en cada primavera durante 16 anos dannos tamén un crédito e unha autoridade para facer unha diagnose da nosa contorna, toda vez que os camiños repítense ano a ano.

Enviamos un agradecemento especial a todas as persoas e entidade que fan posible este programa de andainas que se fai maior, especialmente ás socias e socios de Senda Nova.

 

ESCOLA AMBIENTAL

A Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo é outro dos principais programas que impulsa Senda Nova. Esta 13 edición, na que participan 25 rapaces e rapazas de Carballo entra na súa recta final coas actividades máis importantes do ciclo de sesións que se agranda de novembro a xullo.

As pernoctas ao aire libre, as excursións e as participacións na feiras dominicais de Carballo son protagonistas nestas ultimas xornadas de curso. Son as actividades máis agardadas, que se establecen en sesións máis longas e divertidas para os rapaces, que terán oportunidade de poñer á venda a produción agrícola cultivada durante todo o ano na horta ecolóxica.

Albume de fotos da última andaina
IMG20250525105053