Peregrinaxe pola unión Malpica-Tui

Peregrinaxe pola unión Malpica-Tui

ruta fervedas 2018

A rúa Venezuela punto de partida da recta final deste 7º OUTONO EN MARCHA. Ás 8.15 ben abrigadas dispoñíamosnos a percorrer as terras de Rus e Entrecruces coa Ruta das Férvedas.

Na nosa peregrinaxe polo coñecemento e a conservación do noso patrimonio camiñamos polo polo antigo camiño que unía as aldeas do tercio e que nos leveva dende Bergantiños ata Compostela, todo por antigas corredoiras, hoxe, só presentes case na memoria.

Pasampos por dous dos tres petos de animas que temos na comarca. O que aínda se conserva ao lado do loca social da Brea e o que se atopa metido nas paredes do camposanto de Ardaña.

Continuamos o camiño e atopamos esas fermosas corredoiras que aínda quedan sen asfaltar no tramo carballés, e que nos levarían ata a férveda de Rus. Tramos con antigos muros e fermosos exemplares de vexetación autóctona que a enmarcan na historia e na fermosura. Na historia do que foi a nosa Galicia fai uns 30 ou 40 anos atrás, antes de chegaren os mirtos ou as tullas. Creemos, sempre, que é mellor o de fóra e enganamonos. Senon comprobadeo cando vos mergulledes nunha destas corredoiras que te levan a outros mundos de paz e sosego.

A férveda de Rus danos paso a unha xoia arquitéctónica do concello, como é a barroca igrexa de Sta. María de Rus, tamén chamdo a catedral de Carballo. Pois as súas dimensións e a bóveda que presenta non deixa indiferente a ninguén.

Dunha férveda a outra pasamos por outra xoia arquitectónica, o cruceiro que se sitúa preto da igrexa de San Xinés de Entrecruces. Un baral impresionante taiado nunha soa peza que semella verdadeiramente o tronco dunha árbore.

Con paso firme dirixímonos ao punto final do percorrido. A férveda de Entrecruces. Nela o río Outón tivo que salvar a faia que forma a unión Malpica-Tui, e os duros gabros que compoñen o terreo impediu que o río o erosionase e formase tan impresionante caída de auga.

A capela de San Paio de Entrecruces despediunos con outro domingo no que o rural nos abriu o seu patrimonio e nos fixo partícipes do mesmo.

 

Esta semana tamén lle demos a despedida ao programa “Ás sete no Espazo” co documental “O retorno do guincho” dos XOVES DE FILME. Tamén foi unha semana para pechar as Xornadas do Monte Neme, que durante o día do venres e sábado houbo unha serie de conversas e palestras moi interesante sobre o futuro do monte, o volframio, a toponimia… Un traballo espectacular o que fixo a Platafroma en Defensa e Monte Neme. Os nosos parabéns por tanto esfrozo e traballo!!

Grazas a todxs!!!

Vémonos o próximo domingo na Comarca do Deza coas compañeiras de Salvemos Catasós. Non volo perdades!!!

Ruta Das Férvedas 2018 – 7ºOM

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank