Presentación número 2 revista Abrindo Camiño

Presentación número 2 revista Abrindo Camiño

cartel presentacion nº 2

cartel presentacion nº 2

Abrindo Camiño está de volta.
Este espazo impreso para a dinamización rural chega ao seu número 2 ( terceira edición) co vello obxectivo de impulsar iniciativas sostibles e denunciar desfeitas contra o noso patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico.

A iniciativa é unha gran aposta para a Asociación Ambiental Senda Nova, que dedica un esforzo importante para a súa edición, pero coidamos que é un elemento imprescindible na posta en valor do patrimonio que nos rodea e tamén un contacto con proxectos e entidades de  fora da nosa contorna, no obxectivo do aprendizaxe e colaboración mutua.

A publicación segue a crecer en volume e coidamos que tamén en calidade respecto aos obxectivos que a marcan. Todo gracias a un  apoio do pequeno comercio e comercio local vital, que agradecemos máis aínda nestes tempos.

Novas seccións e máis páxinas cos que pretendemos achegar á poboación das nosas comarcas ao coñecemento sobre o patrimonio que nos rodea á vez que a denuncia de proxectos que poñen en perigo ese noso patrimonio rural.

Quedades convidadas e convidados á presentación para o vindeiro sábado día 6 de marzo ás 17h nos exteriores do Espazo da Natureza de Oza ( Carballo).

A actividade contará coas medidas de seguridade establecidas. O aforo limitado. Obrigatorio o uso de mascarilla.

Coordenadas Espazo da Natureza de Oza:  29 T 524593 4788486