Por fin temos xa aquí a presentación doutro número da revista ABRINDO CAMIÑO. Esta nova edición deste espazo impreso para a dinamización rural das nosas comarcas verá a luz o vindeiro sábado día 19 de setembro ás 19h nos exteriores do Espazo da natureza de Oza.
Dende Senda Nova convidamos a colaborador@s, soci@s e demais público para achegarse a dar a benvida ao que consideramos unha interesante publicación que mantén a filosofía e premisas coas que naceu a revista e que ve mellorada e aumentada a súa oferta de contidos.
Na actividade serán respectadas as medidas sanitarias pertinentes en materia de prevención co COVID 19 polo que, entre outras cousas, será obrigado o uso de máscara así como a limitación do volume de participantes.