Dende a Asociación Ambiental Senda Nova renovamos esforzos e volvemos impulsar o programa de andainas para o coñecemento cultural, paisaxístico e ecolóxico que se desenvolve no outono.
Nesta oitava edición marcamos aínda máis o coñecemento para a protección do entorno, valorando as iniciativas que serven como actividades dinamizadoras dos valores culturais e ambientais da nosa comarca de Bergantiños. Todo isto fronte as actuacións físicas, sobre todo en contornas sensibles, que, aínda ás veces con apariencia verde, agreden sustancialmente o pouco que nos queda sobre a ecoloxía e vestixios culturais.
Dentro da asociación son verdadeiros referentes os programas que desenvolven iniciativas dinamizadoras do noso patrimonio a través de proxectos non invasores e sen agresións ao medio. Así é tamén a Primavera en Ruta ou OUTONO EN MARCHA que desta volta cumpre oito anos de dinamización continua de percorridos coidadosamente deseñados para unir o máis importante das nosas comarcas.
O vindeiro mércores temos unha cita para orgullo de seguir e seguir a pesares dos anos. Alí nos vemos coa programación doutra nova edición.