Presentación 9º Outono en marcha

Presentación 9º Outono en marcha

Como é xa tradicional a comezos de outubro e da estación de outono, volven as rutas de Senda Nova.

Voltaremos a pisar lama, a camiñar polas follas secas e a aprender. Temos unha cita o vindeiro sábado 10 de outubro ás 11h no Espazo da Natureza de Oza.

Seredes tod@s benvid@s. Coma nos últimos tempos, o aforo será ben limitado, tendo que respectar as medidas sanitarias establecidas.

Alí nos vemos.