Presentación da 14 edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo e Xoves de Filme

Presentación da 14 edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo e Xoves de Filme

cartel presentacion 14 escola ambiental

cartel presentacion 14 escola ambiental

O sábado 29 será a posta de longo da edición número 14 da Escola Ambiental. Ás 12 da mañá será a presentación con pais, nais e participantes novos aos que acompañará persoal do Concello de Carballo, colaborador no proxecto, e tamén socios e socias de Senda Nova.

A Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo chega a 14 edición dende o Espazo da Natureza. Na presentación afondaremos nos obxectivos, cronoloxía, diferentes actividades que se desenvolven dentro do proxecto, número de participantes ou diferentes contados que se impartirán dentro desta 14 edición.

Por outra banda KATSIKAS ECOS DE UN ÉXODO será a vindeira propsta dos XOVES DE FILME. A Proxección desenvolverase no Espazo da Natureza de Oza o vindeiro xoves día 27 de novembro ás 18 h. O documental realizado por Rodrigo Vázquez fala das vidas nun campo de refuxiados.