PRESENTACIÓN DA 17 PRIMAVERA EN RUTA

PRESENTACIÓN DA 17 PRIMAVERA EN RUTA

cartel presentacion 17 PRIMAVERA EN RUTA

cartel presentacion 17 PRIMAVERA EN RUTA

O próximo día 11 de abril ás 12h. , o Espazo da Natureza de Oza acollerá a presentación da edición número 17 da PRIMAVERA EN RUTA,  o programa máis antigos de cantos se propoñen na asociación.

Ao acto están convidados representantes dos concellos colaboradores, e de entidades relaccionadas coas andainas por onde pasará esta 17 edición. tamén asistirán socios e socias da entidade e público en xeral, xa que será un acto aberto.

A RAPAZADA, PROTAGONISTA

A rapazada da Escola Ambiental será protagonísta dun acto ao que tamén asistirán as familias dos mesmos e colaboradores da entidade. Quedades todas e todos convidados para vernos de novo, compartir e falar de experiencias pasadas, enterarse do programa aquelas persoas que desexen comezar e prepararnos para unha nova xeira de andainas.

 

O acto terá lugar o vindeiro sábado día 11 de abril ás 12 horas no Espazo da Natureza de Oza.