PRESENTACIÓN DA 7ª Edición da Escola Ambiental Senda Nova – Concello de Carballo

PRESENTACIÓN DA 7ª Edición da Escola Ambiental Senda Nova – Concello de Carballo

Este vindeiro sábado día 10 de novembro, a partires das 16:30h,  tes unha cita no Espazo da Natureza de Oza, xa que presentaremos e darémoslle a benvida a todxs xs participantes desta 7ª edición da Escola Ambiental Senda Nova que dará comezo esta fin de semana, e que se prolongará durante 8 meses, até o mes de xuño. Tendo lugar todas as fins de semana cun grupo de 25 crianzas de todo o Concello de Carballo, que levarán a cabo diferentes actividades para coñecer e achegarse ao seu patrimonio cultural e ambiental máis achegado.

Á presentación dará comezo ás 16:30h da tarde, cunha breve introducción ao proxecto, e ao que se vai a realizar durante esta 7ª edición, así como as novidades que se levarán a cabo este ano, e unha xuntanza coas familias e participantes onde se aclararán dúbidas sobre o desenvolvemento do mesmo. Posteriormente a esta xuntanza, ás 17:30h.  Terá lugar a actuación do Mago Álex Louzao, que realizará un espectáculo que mezcla maxia e humor, para entreter a pequenos e maiores, que durará en torno a 1 hora.

Aproveitaremos tamén a xuntanza, para merendar todxs xuntos en familia, e pasar a tarde no Espazo da Natureza , o que servirá para coñecernos mellor tanto novos participantes, familias, monitorxs, socias e socios da entidade e todxs os asistentes que acudan ao acto.

Toda a actividade é de balde e está aberta ao público en xeral, incluída a actuación do Mago Álex Louzao. Gustaríanos contar especialmente con todas as socias e socios da entidade, amigos, coñecidos e todas as persoas que queirades compartir con nós esta xuntanza e darlle a benvida como se merecen, a esta nova xeración de rapazas e rapaces que veñen pisando forte para coñecer a fondo o seu patrimonio e poñelo en valor.

Non dubides en achegarte ao Espazo da Natureza de Oza, o sábado á tarde, e compartir con nós esta fermosa xuntanza.

Esperámoste!